Tour de Francia 2016

2015 << Tour de Francia 2016 >> 2017
Route of the 2016 Tour de France.png
Clasificacións 21 etapas, 3529 km
Jersey yellow.svg - Xeral Flag of the United Kingdom.svg Chris Froome
Jersey green.svg - Puntos Eslovaquia Peter Sagan
Jersey polkadot.svg - Montaña Polonia Rafał Majka
Jersey white.svg - Xoves Flag of the United Kingdom.svg Adam Yates
Mapa dos países participantes.

O Tour de Francia 2015 foi a 103ª edición do Tour de Francia, a carreira ciclista máis importante do mundo. A edición deste ano disputouse entre os días 2 e 24 de xullo de 2016. O percorrido contou con 21 etapas e 2 días de descanso, das cales 9 eran de alta montaña, 2 de contra o reloxo (unha individual normal e unha cronoescalada), 1 de media montaña e outras 9 maioritariamente chás deseñadas para sprinters. Ademais, este trazado tamén se caracterizou por ter discorrido por 4 países. Estes son: España, Andorra e Suíza ademais de Francia.

O pistoletazo de saída do Tour deuse no Mont Saint-Michel, rexión da Normandía e finalizou, coma é habitual, co paseo arredor do circuíto polo centro de París e que ten a meta na Avenida dos Campos Elisios. Esta proba foi a décimo novena no circuíto UCI WorldTour 2016.

A carreira gañouna por terceira vez (segunda consecutiva) o inglés nado en Quenia Christopher Froome. O ciclista do Team Sky demostrou a súa superioridade en todos os terreos (ata correndo a pé) e venceu por unha gran diferenza, debido tamén á axuda que lle prestou o seu equipo, demostrando ser unha estrutura moi forte e case infranqueábel. Tralo inglés rematou o local Romain Bardet que atacou na antepenúltima etapa saltando da quinta posición á segunda. No terceiro lugar acabou o Colombiano Nairo Quintana que era un gran favorito para a vitoria final pero que decepcionou ao non ser o mellor nos Alpes.

Dentro das clasificacións secundarias, o eslovaco Peter Sagan logrou o seu quinto maillot verde consecutivo por unha grande diferenza, que se tornou en maior logo de que a revelación do vello sprinter Mark Cavendish con catro etapas, se retirara para preparar o ciclismo en pista dos Xogos Olímpicos de Río. Ademais, o eslovaco do Tinkoff tamén logrou o premio supercombativo. Na clasificación do mellor escalador, o polaco Rafał Majka conseguiu a súa segunda vitoria nesta clasificación, logo de vencer por unha ampla vantaxe de puntos ao igual que o seu compañeiro de equipo na clasificación dos puntos. Entre os xoves, o compatriota do maillot amarelo, Adam Yates venceu tras unha bonita pelexa co surafricano Louis Meintjes. O mellor equipo volveu ser por terceiro ano seguido o Movistar Team.

Equipos participantesEditar

Na competición participaron 22 equipos diferentes, 18 da categoría UCI World Tour e 4 da categoría Profesional Continental invitados pola organzación (Cofidis, Solutions Crédits, Bora-Argon 18, Fortuneo-Vital Concept e Direct Énergie). En total tomaron a saída 198 ciclistas (9 participantes por equipo).

Equipo Cód.UCI Categoría Xefe de filas
  Team Sky AST UCI World Tour   Chris Froome
  Movistar Team MOV UCI World Tour   Nairo Quintana
  Astana AST UCI World Tour   Fabio Aru
  Tinkoff TNK UCI World Tour   Alberto Cntador
  Ag2r-La Mondiale ALM UCI World Tour   Romain Bardet
  Team LottoNL-Jumbo TLJ UCI World Tour   Wilco Kelderman
  Trek-Segafredo TFS UCI World Tour   Bauke Mollema
  IAM Cycling IAM UCI World Tour   Mathias Frank
  Cannondale-Drapac CDT UCI World Tour   Pierre Rolland
  BMC Racing Team KAT UCI World Tour   Richie Porte e   Tejay van Garderen
  Dimension Data DDD UCI World Tour   Mark Cavendish
  Team Giant-Alpecin TGA UCI World Tour   Warren Barguil
  FDJ FDJ UCI World Tour   Thibaut Pinot
  Bora-Argon 18 BOA Prof.Continental   Emanuel Buchmann
  Team Katusha KAT UCI World Tour   Joaquim Rodríguez
  Lampre-Merida LAM UCI World Tour   Rui Costa
  Lotto-Soudal LTS UCI World Tour   André Greipel
  Direct Énergie DEN Prof.Continental   Bryan Coquard
  Etixx-Quick Step EQS UCI World Tour   Marcel Kittel
  Cofidis, Solutions Crédits COF Prof.Continental   Daniel Navarro
  Orica-BikeExchange OBE UCI World Tour   Simon Gerrans
  Fortuneo-Vital Concept FVC Prof.Continental   Eduardo Sepúlveda

RegulamentoEditar

Clasificación por puntosEditar

En todas as etapas danse puntos para esta clasificación. Segundo o coeficiente de cada etapa, outórganse puntos de diferente maneira, en todos eles se reparten puntos aos 15 primeiros:

  • Coeficiente 1 (etapas sen dificultades): 50, 30, 20, 18, 16, 14, 12, 10, 8, 7, 6, 5, 4, 3 e 2.
  • Coeficiente 2 e 3 (etapas con percorrido accidentado): 30, 25, 22, 19, 17, 15, 13, 11, 9, 7, 6, 5, 4, 3 e 2.
  • Coeficiente 4 e 5 (etapas de gran dificultade): 20, 17, 15, 13, 11, 10, 9, 8, 7, 6, 5, 4, 3 e 2.
  • Contrarreloxos individuais: 20, 17, 15, 13, 11, 10, 9, 8, 7, 6, 5, 4, 3 e 2.
  • Sprints intermedios: 20, 17, 15, 13, 11, 10, 9, 8, 7, 6, 5, 4, 3 e 2. Hai un en cada etapa.

Clasificación da montañaEditar

Para esta clasificación, repártense puntos aos primeiros ciclistas que coroan os portos puntuábeis. Os portos clasifícanse en 5 categorías, dende a Categoría Especial ou HC até a 4ª categoría. Cando os finais son en alto, a puntuación do porto é dobre. Segundo a categoría de cada porto repártense os puntos da seguinte maneira:

  • Categoría Especial ou HC: 25, 20, 16, 14, 12, 10, 8, 6, 4, 2 do 1.º ao 10.º
  • 1ª categoría: 10, 8, 6, 4, 2, 1 do 1º ao 6º
  • 2ª categoría: 5, 3, 2, 1 do 1º ao 4º
  • 3ª categoría: 2, 1 ao 1º e o 2º
  • 4ª categoría: 1 ao 1º

EtapasEditar

As 21 etapas do Tour de Francia 2016 consistiron en 9 de alta montaña, 2 contrarreloxos (unha individual normal e unha cronoescalada), 1 de media montaña e 9 chás deseñadas para un final ao sprint. Nunha das etapas, a 12ª con final previsto no Mont Ventoux, a organización tivo que acurtar a ascensión ao mítico porto por mor dos fortes refachos de vento existentes nos derradeiros quilómetros. Esta etapa foi unha das máis espectaculares de toda a historia do Tour polo lío montado logo de que unha moto atropelara a un afeccionado e fixera que Froome, Porte e Mollema que ían escapados caeran. Isto deu lugar á histórica imaxe do inglés correndo a pé pola subida despois de deixar tirada a súa bicicleta rota polo choque.

Etapa Data Percorrido km Gañador Líder
1.ª 2 de xullo Mont Saint-Michel-Utah Beach 188   Mark Cavendish   Mark Cavendish
2.ª 3 de xullo Saint-Lô-Cherbourg-en-Cotentin 183   Peter Sagan   Peter Sagan
3.ª 4 de xullo Granville-Angers 223,5   Mark Cavendish   Peter Sagan
4.ª 5 de xullo Saumur-Limoges 237,5   Marcel Kittel   Peter Sagan
5.ª 6 de xullo Limoges-Le Lioran   216   Greg Van Avermaet   Greg Van Avermaet
6.ª 7 de xullo Arpajon-sur-Cère-Montauban 190,5   Mark Cavendish   Greg Van Avermaet
7.ª 8 de xullo L'Isle-JourdainLac de Payolle   162,5   Stephen Cummings   Greg Van Avermaet
8.ª 9 de xullo Pau-Bagnères-de-Luchon   184   Chris Froome   Chris Froome
9.ª 10 de xullo   Viella-  Ordino-Arcalís   184,5   Tom Dumoulin   Chris Froome
10.ª 12 de xullo   Escaldes-Engordany-Revel   197   Michael Matthews   Chris Froome
11.ª 13 de xullo Carcasona-Montpellier 162,5   Peter Sagan   Chris Froome
12.ª 14 de xullo Montpellier-Chalet Reynard   195   Thomas De Gendt   Chris Froome
13.ª 15 de xullo Bourg-Saint-AndéolCaverne du Pont-d'Arc   37,5 (CRI)   Tom Dumoulin   Chris Froome
14.ª 16 de xullo Montélimar-Villars-les-Dombes 208,5   Mark Cavendish   Chris Froome
15.ª 17 de xullo Bourg-en-Bresse-Culoz   160   Jarlinson Pantano   Chris Froome
16.ª 18 de xullo Moirans-en-Montagne-  Berna 209   Peter Sagan   Chris Froome
17.ª 20 de xullo   Berna-  Finhaut   184,5   Ilnur Zakarin   Chris Froome
18.ª 21 de xullo Sallanches-Megève   17
(CREsc)
  Chris Froome   Chris Froome
19.ª 22 de xullo Albertville-Saint-Gervais-les-Bains   146   Romain Bardet   Chris Froome
20.ª 23 de xullo Megève-Morzine   146,5   Ion Izagirre   Chris Froome
21.ª 24 de xullo Chantilly-París 113   André Greipel   Chris Froome
Total 3.529   Chris Froome

Clasificación xeralEditar

A seguinte táboa amosa as vinte primeiras posicións da clasificación xeral tralo remate do Tour 2015:

Posición Ciclista Equipo Tempo
    Chris Froome Team Sky 89h 04' 48"
2   Romain Bardet AG2R La Mondiale + 4' 05"
3   Nairo Quintana Movistar Team + 4' 21"
4   Adam Yates   Orica-BikeExchange + 4' 42"
5   Richie Porte BMC Racing Team + 5' 17"
6   Alejandro Valverde Movistar Team + 6' 16"
7   Joaquim Rodríguez Team Katusha + 6' 58"
8   Louis Meintjes Lampre-Merida m.t.
9   Daniel Martin Etixx-Quick Step + 7' 04"
10   Roman Kreuziger Tinkoff + 7' 11"
11   Bauke Mollema Trek-Segafredo + 13' 13"
12   Sergio Henao Team Sky + 18' 51"
13   Fabio Aru Astana + 19' 20"
14   Sébastien Reichenbach FDJ + 24' 59"
15   Geraint Thomas Team Sky + 28' 31"
16   Pierre Rolland Cannondale-Drapac + 30' 42"
17   Mikel Nieve Team Sky + 38' 30"
18   Stef Clement IAM Cycling + 38' 57"
19   Jarlinson Pantano IAM Cycling + 38' 59"
20   Alexis Vuillermoz AG2R La Mondiale + 42' 28"

Outras clasificaciónsEditar

Clasificación por puntosEditar

Pos. Ciclista Equipo Puntos
    Peter Sagan   Tinkoff 470
2   Marcel Kittel Etixx-Quick Step 228
3   Michael Matthews Orica-BikeExchange 199
4   André Greipel Lotto-Soudal 178
5   Alexander Kristoff Team Katusha 172

Clasificación da montañaEditar

Pos. Ciclista Equipo Puntos
    Rafał Majka Tinkoff 209
2   Thomas De Gendt Lotto-Soudal 130
3   Jarlinson Pantano IAM Cycling 121
4   Ilnur Zakarin Team Katusha 84
5   Rui Costa Lampre-Merida 76

Clasificación dos xovesEditar

Pos. Ciclista Equipo Tempo
    Adam Yates Movistar 89h 09' 30"
2   Louis Meintjes Lampre-Merida 2' 16"
3   Emanuel Buchmann Bora-Argon 18 42' 58"
4   Warren Barguil Giant-Alpecin 47' 32"
5   Wilco Kelderman LottoNL-Jumbo 1h 19' 56"

Clasificación por equiposEditar

Pos. Equipo Tempo
    Movistar Team 267h 20' 45"
2   Team Sky 8' 14"
3   BMC Racing Team 48' 11"
4   AG2R La Mondiale 56' 50"
5   Astana 1h 16' 58"

Premio da combatividadeEditar

Posición Ciclista Equipo
    Peter Sagan   Tinkoff

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar