O IAM Cycling (código UCI: IAM) é un equipo ciclista que compite no UCI WorldTour logo de ascender da categoría Profesional Continental na tempada 2014. Este conxunto foi fundado no ano 2013 e o seu patrocinador principal é IAM Independent Asset Management SA. O IAM monta bicis Scott con compoñentes Shimano e rodas da marca DT Swiss.

Un corredor do equipo.

Historia editar

O proxecto de creación do IAM Cycling foi anunciado o 19 de abril de 2012 durante o Tour de Romandía, porén, a súa presentación oficial celebrouse o 10 de decembro de 2012. Na tempada 2013, o IAM comezou na categoría Profesional Continental e nese mesmo ano obtivo unha invitación para disputar a París-Niza.

Na tempada seguinte, a do 2014, o equipo confirmou as fichaxes de ciclistas como Sylvain Chavanel, Jérôme Pineau, Mathias Frank ou Roger Kluge. Ademais tamén participou no Tour de Francia e na Volta a España.

No mes de maio de 2016, o equipo anunciou que desaparecería ao final da tempada e que non habería unha posibilidade secundaria para proseguir.

Equipo editar

 
Autobús do equipo na tempada 2016.
 
O coche e as bicis que utiliza o equipo.

Na tempada final do 2016

Ciclista Nacemento Equipo anterior
  Marcel Aregger 28 de agosto de 1990 Atlas Personal-Jakroo (2012)
  Matthias Brändle 7 de decembro de 1989 NetApp (2012)
  Clément Chevrier 29 de xuño de 1992 Trek Factory Racing (2014)
  Stef Clement 24 de setembro de 1982 Belkin (2014)
  Jérôme Coppel 6 de agosto de 1986 Cofidis (2014)
  Stefan Denifl 22 de setembro de 1987 Vacansoleil-DCM (2012)
  Dries Devenyns 22 de xullo de 1983 Giant-Shimano (2014)
  Martin Elminger 23 de setembro de 1978 Ag2r-La Mondiale (2012)
  Sondre Holst Enger 17 de decembro de 1993 Sparebanken Sør (2014)
  Mathias Frank 9 de decembro de 1986 BMC Racing Team (2013)
  Jonathan Fumeaux 7 de marzo de 1988 Atlas Personal-Jakroo (2012)
  Heinrich Haussler 25 de febreiro de 1984 Garmin-Sharp (2014)
  Reto Hollenstein 22 de agosto de 1985 NetApp (2012)
  Leigh Howard 18 de outubro de 1989 Orica-GreenEDGE (2015)
  Roger Kluge 5 de febreiro de 1986 NetApp-Endura (2013)
  Vegard Stake Laengen 7 de abril de 1989 Joker (2015)
  Pirmin Lang 25 de novembro de 1984 Atlas Personal-Jakroo (2012)
  Oliver Nesen 16 de setembro de 1990 Topsport Vlaanderen-Baloise (2015)
  Jarlinson Pantano 19 de novembro de 1988 Colombia
  Simon Pellaud 6 de novembro de 1992 Atlas Personal-Jakroo (2012)
  Matteo Pelucchi 21 de xaneiro de 1989 Europcar (2012)
  Vicente Reynès 30 de xullo de 1989 Lotto-Belisol (2013)
Modelo:LTNb Aleksejs Saramotins 8 de abril de 1982 Cofidis (2012)
  David Tanner 30 de setembro de 1984 Belkin (2014)
  Jonas van Genechten 16 de setembro de 1986 Lotto-Belisol (2014)
  Larry Warbasse 28 de xuño de 1990 BMC Racing Team (2014)
  Marcel Wyss 25 de xuño de 1986 NetApp (2012)
  Oliver Zaugg 9 de maio de 1981 Trek Factory Racing (2015)

Mellores resultados editar

2013

2014

2015

2016

En letra grosa as vitorias no UCI WorldTour

Campionatos nacionais editar

2013

  •   Campionato Austríaco Contra o Reloxo, Matthias Brändle
  •   Campionato Sueco Contra o Reloxo, Gustav Larsson
  •   Campionato Letón en Ruta, Aleksejs Saramotins

2014

  •   Campionato Francés Contra o Reloxo, Sylvain Chavanel
  •   Campionato Austríaco Contra o Reloxo, Matthias Brändle
  •   Campionato Suízo en Ruta, Martin Elmiger

2015

  •   Campionato Australiano en Ruta, Heinrich Haussler
  •   Campionato Francés Contra o Reloxo, Jérôme Coppel
  •   Campionato Letón en Ruta, Aleksejs Saramotins

2016

  •   Campionato Austríaco en Ruta, Matthias Brändle
  •   Campionato Austríaco Contra o Reloxo, Matthias Brändle
  •   Campionato Suízo en Ruta, Jonathan Fumeaux

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar