Thomas More

(Redirección desde «Tomé Moro»)


Sir Thomas More,[1] nado en Londres o 7 de febreiro de 1478 e finado o 6 de xullo de 1535, foi un autor humanista inglés, que ocupou durante un breve período o cargo de Lord Chancellor durante o reinado de Henrique VIII.

Modelo:BiografíaO moi honorábel Editar o valor en Wikidata
Thomas More

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de febreiro de 1478 Editar o valor en Wikidata
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte6 de xullo de 1535 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
Tower Hill, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, decapitación Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCapela Real de San Pedro ad Vincula
St. Dunstan's, Canterbury (en) Traducir
Chelsea Old Church (en) Traducir (cenotáfio (pt) Traducir) Editar o valor en Wikidata
Lord Chancellor (pt) Traducir
outubro de 1529 (Gregoriano) – maio de 1532 (Gregoriano)
← Thomas WolseyThomas Audley (pt) Traducir →
Chanceler do Ducado de Lancaster (pt) Traducir
31 de decembro de 1525 (Gregoriano) – 3 de novembro de 1529 (Gregoriano)
← Richard Wingfield (en) TraducirWilliam Fitzwilliam (en) Traducir →
Speaker of the House of Commons (en) Traducir
16 de abril de 1523 – 13 de agosto de 1523
← Thomas Nevill (en) TraducirThomas Audley (pt) Traducir →
Member of the 1523 Parliament (en) Traducir
15 de abril de 1523 – 13 de agosto de 1523
Circunscrición electoral: Middlesex (en) Traducir
Member of the 1504 Parliament (en) Traducir
Member of the 1510 Parliament (en) Traducir

Circunscrición electoral: City of London (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Ideoloxía políticaHumanismo Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónLincoln's Inn (en) Traducir
Magdalen College School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Londres Editar o valor en Wikidata
OcupaciónLord Chancellor
Xénero artísticoSátira Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaTerceira orde de San Francisco Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa22 de xuño (Católico romano)
6 de xullo (Anglicanismo) Editar o valor en Wikidata
Patrón dePolítica Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeAlice More (–1535)
Jane More (1505–1511) Editar o valor en Wikidata
FillosMargaret Roper
 () Jane More
Elizabeth Dauncey
 () Jane More
Cecily Heron
 () Jane More
Margaret Clement
 () Jane More
John More II
 () Jane More Editar o valor en Wikidata
PaisJohn More Editar o valor en Wikidata  e Agnes Graunger Editar o valor en Wikidata
IrmánsElizabeth More Editar o valor en Wikidata
ParentesEdward More, neto Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Мор Томас)
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX934011 Bitraga: 3774 Musicbrainz: e696ea01-1e64-4aa2-9457-6f5e1357d8b5 IMSLP: Category:More,_Thomas WikiTree: More-268 Find a Grave: 6848 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

More entrou na corte de Henrique VIII en 1520, converténdose en cabaleiro ao ano seguinte. Fixo carreira como avogado. Como académico foi inicialmente un humanista no sentido convencional do termo. Foi un grande amigo de Erasmo de Rotterdam, quen lle dedicou o seu "In Praise of Folly"—a palabra "folly" é Moría en grego. As relacións posteriores entre os dous tornáronse acedas unha vez que More se mantivese comprometido co conservadorismo relixioso mentres que Erasmo tentou probar aquilo que viu como falacias atrincheiradas da doutrina católica. More foi o autor de varios longos - e por veces crueis - tratados atacando a "reformadores" relixiosos tan diversos como William Tyndale, Christopher St. German, Martiño Lutero e todos aqueles que cuestionasen calquera área de privilexio da igrexa, sexa espiritual, sexa temporal, como a primacía do dereito canónico sobre o dereito civil.

A súa chancelaría (1529-32) distinguiuse por pouco máis que a persecución de herexes e das súas obras. O gran paradoxo da vida de More foi o de ser un home que malia que hoxe é visto como un libertador e un librepensador foi igualmente (poderá ser argumentado, ao mesmo tempo) un fanático relixioso.

O divorcio de Henrique VIII

editar

Thomas Wolsey, Arcebispo de York, fallou na súa tentativa de conseguir o divorcio e anulación que Henrique VIII pretendía e foi forzado a dimitir en 1529. More foi nomeado chanceler no seu lugar, sendo evidente que Henrique aínda non se tiña apercibido da aversión de More nesta materia. Sendo coñecedor do dereito canónico e sendo profundamente relixioso - ao punto de se ter autoflaxelado - More vía na anulación do sacramento do casamento unha materia da xurisdición do papado, e a posición do Papa Clemente VII era claramente contraria ó divorcio.

A reacción de Henrique foi colocarse a si mesmo no liderado da Igrexa en Inglaterra e todo o sacerdocio foi requirido a someterse ao Acto de Supremacía declarando o soberano como o xefe da Igrexa. More, como leigo, non tiña de se someter a este xuramento, mais dimitiu da chancelaría o 16 de maio de 1532, preferindo non servir ao novo réxime.

More escapou a unha tentativa inicial de o conectar cunha conspiración, mais en 1534 o Parlamento promulgou o Decreto da Sucesión, que incluía un xuramento recoñecendo a lexitimidade de calquera cativo nacido do casamento de Henrique VIII con Ana Bolena, e repudiando "calquera autoridade estranxeira, príncipe ou potentado". Tal como no xuramento de supremacía, isto non se lle requiriu a todas as persoas, senón só a aquelas especificamente chamadas a facelo, noutras palabras, todos os funcionarios públicos e aqueles sospeitosos de non apoiar a Henrique.

Aprisionamento e execución

editar

More foi chamado a facer o xuramento en abril de 1535 e, ante o seu rexeitamento, foi encarcerado na Torre de Londres, onde continuou a escribir. A súa reacción foi a de manter silencio no asunto, o que pola lei podería ser considerado o consentimento, sen que el se comprometese. Esta estratexia fallou non obstante, e More foi xulgado, condenado e sentenciado, e posteriormente executado o 6 de xullo. A súa cabeza foi exposta na ponte de Londres por un mes e despois recuperada (despois de pagamento de suborno) pola súa filla, Margaret Roper.

Veneración

editar

More foi beatificado polo papa León XIII xunto co bispo Xoán Fisher e outros 52 mártires ingleses o 29 de decembro de 1886; e canonizado como santo da igrexa católica o 19 de maio de 1935 polo papa Pío XI, celebrándose a súa festividade o 9 de xullo. Logo das reformas do Concilio Vaticano II foi cambiada a data da súa festa, pasando a celebrarse conxuntamente con San Xoán Fisher o 22 de xuño, data da súa morte. En 2000, o Papa Xoán Paulo II declarou a Santo Thomas More como "patrón celeste dos Estadistas e Políticos".

En 1980, malia ser un opoñente á Reforma inglesa da que xurdiu a Igrexa de Inglaterra, More foi engadido ao santoral de dita Igrexa xunto con Fisher, celebrándose a súa festa o 6 de xullo, data da execución de More.

A súa máis famosa obra é Utopía (cerca de 1516),[2] na cal el creou unha illa-reino imaxinaria na que algúns académicos modernos viron o oposto idealizado da Europa do seu tempo e outros unha sátira da mesma Europa. Un dos aspectos das obras de More é que nelas frecuentemente se usa unha alegoría, ben dunha asumida voz do autor (como no Diálogo do confort, unha conversa entre tío e mais sobriño) ou ben están altamente estilizadas ou ambos. Isto, xunto coa falta dunha dirección clara de More en canto ás súas ideas significa que é posíbel argumentar practicamente calquera visión de calquera das súas obras.

  1. "More, Sir Thomas". Diciopedia do século 21 2. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1411. 
  2. Publicada en galego en 2011 pola editorial da Universidade de Santiago de Compostela, na tradución de Helena de Carlos

Véxase tamén

editar