Tonhito de Poi

artista galego
(Redirección desde «Toñito de Poi»)

Antón Axeitos Ares, máis coñecido como Tonhito de Poi, nado en Castiñeiras (Ribeira) o 27 de novembro de 1969[1], é un artista polifacético galego.

Infotaula de personaTonhito de Poi
Biografía
Nacemento27 de novembro de 1969 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Castiñeiras, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico , cantante Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoMúsica rock Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Twitter: Tonhitodepoi Instagram: tonhito_de_poi Youtube: UCt1qQw4k1SyVtFE-qsYPOIg Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Heredeiros da Crus editar

Foi patrón maior de barco e traballou no mar durante cinco anos. En 1992 xuntou a varios mozos da contorna para crear Heredeiros da Crus. Comezaron ensaiando nun galiñeiro e ese mesmo ano deron o seu primeiro concerto na festa da Dorna. En 1994 gravaron o primeiro disco, A cuadrilla de Pepa a loba. Durante os dez anos seguintes gravaron sete discos máis e deron concertos por toda Galicia e fóra dela. Convertéronse nunha banda referente do rock galego e en lingua galega.

Separación e novos proxectos editar

En 2005 os membros de Heredeiros separáronse, despois de Tonhito anunciar que deixaba a banda.[2] Xunto a outros músicos portugueses creou o grupo A Banda de Poi, coa que sacou un único disco, Mór. Tras numerosos problemas o grupo disolveuse pouco despois. En 2007 emprendeu un novo proxecto con Tonecho España e os portugueses Poni e Hugo Machado, chamado Tonhito de Poi e Rasa Loba.[3][4] Con este grupo sacou o disco Instinto.[5][6]

Regreso dos Heredeiros editar

En 2012 os Heredeiros da Crus anunciaron a súa reunión para un concerto na discoteca LP-45 de Ordes.[7] As 3.500 entradas esgotáronse en 48 horas[8] e o concerto foi un gran éxito. O que ía ser un único concerto de reunión[9] acabou por converterse nunha xira e na volta definitiva da banda, que continúa en activo. Publicaron dous novos discos e xiraron de novo por toda Galicia e fóra dela (Madrid, Barcelona, Bilbao ou Ponferrada foron algúns dos lugares onde actuaron).[10]

En paralelo aos Heredeiros, Tonhito sacou en 2013 o libro-disco en solitario O soro da verdade, que recolle as vivencias durante a súa viaxe ás selvas da Amazonía. Sobre esta viaxe tamén realizou un documental, O Despertar da Anaconda.[11] Ese ano tamén retomou A Banda de Poi para unha serie de concertos cunha nova formación. Acompañárono esta vez Pulpiño Viascón, Quique Otero e Pablo Pérez.[12]

En 2019 publicou un novo libro-disco en solitario, Non hai onde esconderse, con colaboracións de Cuchús Pimentel, Rubén Reinaldo e Lucía Pérez.[13][14]

Radio e televisión editar

Fóra da música, Tonhito tamén se adicou a outros ámbitos do audiovisual, como a radio e a televisión. Traballa na Radio Galega dende 1995[15] e como actor. Interpretou a Xan Rei na serie Rías Baixas da TVG. Tamén participou no programa Con perdón e foi guionista do Show dos Tonechos e de Land Rober.[16] Fundou a súa propia produtora, "Cabezas Quentes", e tivo unha pequena participación no programa Entre familias anda o xogo, presentado por Roberto Vilar. Tamén tivo unha pequena aparición na serie Pratos combinados e nos filmes Entre bateas e Agallas.[17]

Discografía editar

Con Heredeiros da Crus editar

Con A Banda de Poi editar

Con Tonhito de poi e Rasa Loba editar

En solitario editar

Filmografía editar

Programas de TV editar

  • Tardes con Ana (1998)[18]

Series de TV editar

Cinema editar

Notas editar

  1. Díaz Ageitos, A. (2018). Heredeiros da Crus. Cuadrilla de Pepa a Loba. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. p. 191. ISBN 9788491214304. 
  2. "Tonhito de Poi deja Heredeiros da Crus para crear su grupo". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de marzo de 2005. Consultado o 14 de outubro de 2019. 
  3. "Tonhito de Poi faise de 'rasa loba'". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de outubro de 2007. Consultado o 14 de outubro de 2019. 
  4. http://www.myspace.com/rasaloba
  5. "Vidas paralelas en la música y en el sector audiovisual". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de maio de 2009. Consultado o 14 de outubro de 2019. 
  6. "«O disco 'Instinto' está gravado en analóxico e é unha volta ás orixes»". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de agosto de 2008. Consultado o 14 de outubro de 2019. 
  7. "Heredeiros da Crus vuelven a los escenarios por su 20 aniversario". El Mundo (en castelán). 19 de xaneiro de 2012. Consultado o 14 de outubro de 2019. 
  8. "El ‘jran día’ de Heredeiros". El País (en castelán). 2 de marzo de 2012. Consultado o 11 de outubro de 2019. 
  9. "Os Heredeiros da Crus volven aos escenarios para celebrar o seu 20 aniversario". 20 de xaneiro de 2012. Consultado o 14 de outubro de 2019. 
  10. "Heredeiros da Crus visitarán Bilbao, Barcelona, Madrid e Ponferrada en febreiro". Galicia Confidencial. 12 de xaneiro de 2017. Consultado o 14 de outubro de 2019. 
  11. "O DESCUBRIMENTO DA AMAZONÍA". Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2019. 
  12. "A Banda de Poi regresa cun salto internacionalista e música 'chamánica'". Sermos Galiza. 14 de setembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2019. 
  13. "Tonhito de Poi comparte a súa experiencia amazónica en 'Non hai onde esconderse'". 4 de febreiro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2019. 
  14. "Presentación novo disco". www.tonhitodepoi.gal. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2019. 
  15. "Tonhito de Poi (Heredeiros da Crus): “Estamos todos emocionados por volver a Vigo”". Consultado o 14 de outubro de 2019. 
  16. "La alternativa al fútbol de TVG". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de novembro de 2009. Consultado o 14 de outubro de 2019. 
  17. "Filmografía de Tonhito de Poi". IMDb (en inglés). Consultado o 14 de outubro de 2019. 
  18. Tardes con Ana

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar