Xesús Pimentel
guitarrista español
(Redirección desde «Cuchús Pimentel»)
Xesús Alonso Pimentel, tamén chamado Cuchús Pimentel, nado en Palencia en 1959, é un guitarrista lugués.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1959 (64/65 anos) Palencia, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | guitarrista |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Pai | Xesús Alonso Montero |
Irmáns | Emilio Alonso Pimentel |
Traxectoria editar
Naceu en Palencia, onde daba clase o seu pai, o escritor e polígrafo Xesús Alonso Montero, mais axiña foron vivir a Lugo. Pimentel formouse en guitarra clásica primeiro, e en guitarra de jazz despois, se ben destaca fundamentalmente polo seu traballo como guitarrista de flamenco. Nos seus tempos mozos traballou en grupos de rock, como N.H.U. ou Noroeste, así como no conxunto de jazz Baio Ensemble.
Participou no disco La sal de la vida, canda Uxía Senlle, Rasha e María Salgado. Acompañou habitualmente o mozo cantaor lugués El Kiki.
Discografía editar
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- "Alonso Pimentel, Xesús". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 323.
- "Cuchús Pimentel". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
Ligazóns externas editar
- ""Armas de diversión masiva". Entrevista a Cuchus Pimentel. "Sueño de Calíope" nº 35". Facebook. 20 de xaneiro de 2021.