Baio Ensemble
A Baio Ensemble é unha escola privada de jazz fundada en Vigo en 1983 por Alberto Conde, recoñecida como a primeira escola de jazz de Galicia e que deu lugar a varios proxectos e discos.
Historia
editarCreada en 1983 por Alberto Conde, comezou a experimentar cos propios profesores da escola creando diversas formacións coas que actuaron na IV Edición do Festival Internacional de Jazz de Murcia, nos concertos de Jazz Verano'84 como abreconcertos dos Messengers de Art Blakey, no programa Jazz entre amigos de RTVE en 1985 ou no XXI Jazz Festival de San Sebastián no ano 1986, onde conseguiu o segundo premio.[1]
Discos
editar- Paisajes (RNE, 1985)
- Diálogos (1990)
Integrantes
editar- Cuchús Pimentel, guitarra eléctrica e flamenca
- Alberto Conde, piano
- José Manuel Lojo, trompeta
- José Miguel Martínez Ogando, saxo alto, soprano e congas
- Carlos Barruso, saxo tenor, clarinete
- Modesto Pascual, piano e sintetizadores
- Francisco Javier Alfageme, baixo
- Ángel "Gelo" Barrio, batería
- Santi Quintans, guitarra eléctrica
- Kely García, guitarra eléctrica
- Kin García, baixo eléctrico, contrabaixo e congas
- Paco Charlín, baixo eléctrico
- Lorenzo Tabarés, baixo eléctrico
- Charly Lojo, trompeta e fliscornio
- Fernando Llorca, batería e congas
- David Barciela, batería
- Carlos Castro, percusión
- Marcos Valcárcel, percusión
- Modesto Pascual, voces
- Arturo Álvarez, voces
- Ricardo Davila, piano e sintetizadores
Notas
editar- ↑ Sotelino, B. R. (12 de outubro de 2008). "«En los años 80 los que hacíamos jazz éramos cuatro gatos»". avozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 7 de decembro de 2023.