Alberto Conde
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Alberto Conde, nado en Caracas en 1960,[1] é un pianista galego. Reside en Ourense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1960 (63/64 anos) Caracas, Venezuela |
Actividade | |
Ocupación | músico de jazz, pianista |
Instrumento | Piano |
Traxectoria
editarComezou estudando guitarra clásica, graduándose no CPM de Ourense, antes de se pasar ao piano a ao jazz.
O seu primeiro contacto co jazz tivo lugar nos seminarios de Jazz de Banyoles (Xirona) durante 1980-81, onde entra en contacto con mestres norteamericanos de gran recoñecemento e prestixio internacional como Thad Jones, Chuck Israels, Hal Crook, Steve Brown, Jim McNeely, Ben Riley, Bill Dobbins e Sal Nistico. A seguir, marchou a Caliifornia e estudou na San Diego School of Perfoming Music (California) co trombonista norteamericano Hal Crook.
Ao volver, en 1983, funda Baio Ensemble, a primeira escola privada de jazz de Galicia, onde participan múltiples músicos como Cuchús Pimentel ou Paco Charlín, e con ese grupo editou dous discos: Paisajes (1985) e Diálogos (1990).
Posteriormente, creou Alberto Conde Trio.
O seu estilo mestura o jazz coa música tradicional galega e coa música clásica.[1]
É catedrático de jazz no CSM da Coruña.
Discografía
editarCon Alberto Conde Trío
editar- A lagoa dos Atlantes (Punteiro, 1997)
- Celtrópolis (Punteiro, 1999)
Con Alberto Conde Grupo
editar- Entremares (Karonte, KAR 7777) con Baldo Martínez e Nirankar Khalsa. Gravado en 2002.
- Andaina (Karonte, KAR 7794) con Baldo Martínez e Nirankar Khalsa. Gravado en 2006.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Sotelino, B. R. (12 de outubro de 2008). "«En los años 80 los que hacíamos jazz éramos cuatro gatos»". avozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 7 de decembro de 2023.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina web de Alberto Conde.
- Entrevista a Alberto Conde en El Club del Jazz.
- Entrevista en en Tomajazz.
- Ficha en Discogs