Pulpiño Viascón
Marcos Aboal Vázquez, máis coñecido como Pulpiño Viascón, ou tamén como Marcos Viascón ou Bravúboy,[1] nado na Coruña en 1970, é un músico multi-instrumentalista, home orquestra e pallaso galego.[2] Cunha ampla traxectoria musical, toca unha ducia de instrumentos e formou parte de preto dunha vintena de bandas, entre elas Os Verjalhudos, Os Diplomáticos de Monte-Alto e O Jarbanzo Negro.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1970 ![]() A Coruña, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | músico, home orquestra, pallaso ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarNacido na Coruña en 1970, criouse na parroquia de Viascón, lugar de nacemento de seu pai, no antigo concello de Cotobade.[3] Afeccionado á música dende neno, a súa primeira banda foi Parada Discrecional.[4] A finais da década de 1980 foi membro fundador da histórica banda Os Verjalhudos, onde tocaba a batería. Con este grupo coruñés que mesturaba diferentes estilos como punk e folk, tocou en diferentes partes da Península Ibérica e no resto de Europa ata a disolución do conxunto.[5][6]
En 1990 entrou a formar parte de Os Diplomáticos de Monte-Alto, grupo fundado tamén na Coruña por Xurxo Souto e Rómulo Sanjurjo entre outros. Foi o batería dos Diplomáticos durante cinco anos, nos que a banda gravou tres álbums de estudio e gañou fama e recoñecemento.[7] Deixou a banda en 1996, durante a xira de presentación do disco ¡Avante toda!.
Máis tarde formou parte de O Jarbanzo Negro, con antigos compañeiros de Os Verlalhudos, aos que se uniron novos membros como Xan Xove. O grupo, que cantaba en diferentes linguas, tocou por diferentes partes do territorio europeo, a miúdo en ambientes vencellados ao anarquismo e ao altermundismo, temas recorrentes nas súas cancións.[5] En 1998 gravaron o seu primeiro álbum, titulado Terra without grenzen, e en 2002 viu a luz o seu segundo traballo, Buscavidas.[8]
Toca unha ducia de instrumentos, entre eles a gaita, a frauta, o piano, a guitarra, o baixo, o acordeón, a concertina, ou o serrón, e formou parte de numerosos grupos máis, como Demacrados, La Vergüenza Nacional, Zorza el Griego, Skupe Skapa, Irmáns Bochechiñas, Teck Pileck, Galegoz, On the Bass, La Sonora Callejera, La Rosa de Piedra e Bonovo. Tamén colaborou co músico Manu Chao no seu álbum Sibérie m'était contéee, ademais de con outros artistas como Susana Seivane, Siniestro Total, Pablo Novoa, Muchachito Bombo Infierno, Josele Santiago ou Tonino Carotone. Actúa tamén como "home orquestra" en rúas e festas de diferentes vilas e cidades.[7]
En 2006 compuxo o tema "In the Ocean", no que tocaba o serrón e co que gañou a primeira edición do concurso A polo ghit.[9] No 2012 publicou o seu primeiro álbum en solitario co nome de The Very Best of Pulpiño Viascón, onde recolleu algunha das cancións que interpretaba nos seus espectáculos na rúa. Do mesmo xeito, na súa canle de YouTube e en SoundCloud tamén publica cancións como Xa vén a Neve[10] ou o seu álbum chiptune Chiptune Bravúboy[1]. Durante a pandemia de COVID-19 compuxo cancións de concienciación como Don Covid[11] ou Salvemos a Hostalaría.[12]
Ademais, durante este tempo desenvolveu a súa faceta de pallaso en circos de Barcelona e Suíza, entre outros.
Discografía
editar- The Very Best of Pulpiño Viascón (LP) (2012)
- Chiptune Bravúboy (LP) (2014)
- Eu Quero Vir ao San Xoán (Single) (2018)
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "BRAVÚBOY-Pulpiño Viascón". SoundCloud (en inglés). Consultado o 2023-05-18.
- ↑ Rodri García (31 de marzo de 2019). "El «primo» del último pirata atlántico". La Voz de Galicia.
- ↑ "«Bésame mucho», en versión serrucho". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de febreiro de 2008. Consultado o 22 de abril de 2025.
- ↑ Pérez, Mónica (15 de febreiro de 2008). "«Oh sole mío» a ritmo de serrucho". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 22 de abril de 2025.
- ↑ 5,0 5,1 "O JARBANZO NEGRO". 6 de xaneiro de 2005. Consultado o 22 de abril de 2025.
- ↑ "Os Verjalhudos.Por Tony O ´Hara." (en castelán). 17 de outubro de 2016. Consultado o 22 de abril de 2025.
- ↑ 7,0 7,1 Zaballa, Pablo (20 de abril de 2025). "Pulpiño Viascón: "Cando iamos tocar a Vigo sempre había movida cos Celtarras"". DxT Campeón. Consultado o 22 de abril de 2025.
- ↑ "Garbanzos negros". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de maio de 2002. Consultado o 22 de abril de 2025.
- ↑ "A Polo Ghit! Un ano máis, na procura da canción do verán". ctnl.gal. Consultado o 2023-05-18.
- ↑ "XA VÉN Á NEVE, PULPIÑO VIASCÓN". Consultado o 2023-05-18.
- ↑ "DON COVID A MUSICLETA E OS INSTRUMENTOS MÁXICOS (DOLMEN DE DOMBATE)". Consultado o 2023-05-18.
- ↑ "Salvemos la Hostelería, Salvemos a Hostalaría". Consultado o 2023-05-18.