Abrir o menú principal

Thomas Stewart Traill

Thomas Stewart Traill, nado en Kirkwall, capital das illas Órcadas, (Escocia) o 29 de outubro de 1781 e falecido en Edimburgo o 30 de xullo de 1862, foi un físico, químico, mineraloxista, meteorólogo, zoólogo e profesor de medicina legal escocés

Thomas Stewart Traill
Thomas Stewart Traill. Lithograph. Wellcome V0005885.jpg
Nacemento29 de outubro de 1781
 Kirkwall
Falecemento30 de xullo de 1862
 Edimburgo
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Alma máterUniversidade de Edimburgo
Ocupaciónmédico, meteorólogo, químico e zoólogo
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou medicina na Universidade de Edimburgo, disciplina na que se doutorou en 1802.[1] Practicou o exercicio da medicina durante 30 anos en Liverpool, onde foi un dos fundadores da Royal Institution of Liverpool, a Liverpool Mechanics' Institution e a Literary and Philosophical Society of Liverpool.

Fíxose moi coñecido como explorador do Ártico acompañando a William Scoresby nas súas viaxes, e a el se debe unha lista de animais observados nas costas orientais de Groenlandia publicada no Journal of a Voyage to the Northern Whale Fishery de Scoresby (1823). Scoresby bautizou a illa de Traill, en Groenlandia, na súa honra.

Cando John James Audubon chegou a Liverpool en xullo de 1826, Traill axudouno a encontrar un editor para a súa obra The Birds of America. Audubon denominou como Taill's flycatcher, a unha especie que se corresponde coas actuais Empidonax traillii e Empidonax alnorum.

Traill volveu á universidade de Edimburgo en 1833 como profesor de medicina legal. Foi editor da 8ª edición da Encyclopædia Britannica (1852–61), que concluíu un ano antes da súa morte.

Faleceu en Edimburgo o 30 de xullo de 1862, e está soterrado no cemiterio de St Cuthbert's.[1]

AbreviaturaEditar

A abreviatura Traill emprégase para recoñecer a Thomas Stewart Traill como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Waterston, Charles D. e Macmillan Shearer, A. (2006): Former Fellows of the Royal Society of Edinburgh 1783-2002: Biographical Index. Vol 2. Edinburgh: The Royal Society of Edinburgh. ISBN 978-0-902198-84-5.