Traill
A illa Traill (en dinamarqués, Traill Ø) é unha grande illa ribeirega localizada en augas do mar de Groenlandia, fronte á costa nororiental de Groenlandia. Ten unha superficie de 3.452 km², que a converten na cuarta illa maior de Groenlandia -logo da propia illa principal de Groenlandia, da illa Disko e da Terra de Milne-.
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Thomas Stewart Traill | |||
Localizado na área protexida | Parque Nacional do Nordeste de Groenlandia | |||
Localización | ||||
División administrativa | Parque Nacional do Nordeste de Groenlandia | |||
| ||||
Bañado por | Mar de Groenlandia | |||
Características | ||||
Altitude | 1.884 m | |||
Dimensións | 48 () × 110 () km | |||
Superficie | 3.542 km² | |||
Xeografía
editarA illa Traill atópase na costa nordés de Groenlandia, da que a separa, todo ao longo da súa costa occidental, o fiorde do rei Oscar (Kong Oscar), de varios quilómetros de anchura. Un entrante de mar máis estreito, a canle de Veiga (Veiga Sund) sepáraa ao norte da illa da Sociedade Xeográfica. Só a zona sueste está aberta ao mar de Groenlandia (océano Ártico), sangrada por un gran fiorde, o fiorde Montnorris, que penetra uns trinta quilómetros no sur da illa.
Cunha lonxitude duns 120 km en dirección noroeste-sueste e unha anchura máxima duns 50 km, culmina nun punto sen nomear a 1.884 m..
A illa Traill é parte do Parque Nacional do nordés de Groenlandia (que comprende toda a parte nordeste de Groenlandia).
Poboación
editarA illa de Traill está deshabitada.
Historia
editarA illa leva o nome do zoólogo escocés Thomas Stewart Traill (1781-1862).