Abrir o menú principal

O mar de Groenlandia é a parte máis setentrional do océano Atlántico Norte, inmediatamente ao sur do océano Ártico. Está localizado entre a costa oriental de Groenlandia, as illas Svalbard, a illa de Jan Mayen e Islandia. O mar de Groenlandia defínese a miúdo como parte do océano Ártico,[1][2] e ás veces como parte do océano Atlántico.[3] Comprende aproximadamente 1 205 000 km² e a súa profundidade media é duns 1.450 m. O punto máis profundo, 5.600 m,[4] foi atopado na fosa Molloy («Molloy Deep»), no estreito de Fram, entre o nordés de Groenlandia e as Svalbard.[5]

Mar de Groenlandia
Greenland Sea - Grønlandshavet
Iceberg, Greenland Sea (js)1.jpg
Localización administrativa
EstadoDinamarca Dinamarca
Noruega Noruega
Islandia Islandia
DivisiónGroenlandia (DIN)
Jan Mayen e
illas Svalbard (NOR)
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Ártico - Océano Atlántico
ContinenteAmérica do Norte
Illa/sGroenlandia (DIN)
Jan Mayen e illas Svalbard (NOR)
Islandia
Xeografía
Mares contiguosMar de Noruega
SubdivisiónsMar de Wandel
Accidentes
EstreitosEstreito de Fram
Características
Superficie1 205 000 km²
Profundiade máxima5.600 m (Molloy Deep)
Profundidade media1.450 m
Outros datos
Áreas protexidasParque Nacional do noreste de Groenlandia (GRO)
Mapa
Groenlandzee.PNG

Localización do mar de Groenlandia.
Fram Strait map.png

O mar de Groenlandia, próximo o mar de Noruega.

Índice

XeografíaEditar

O mar de Groenlandia está limitado ao oeste pola illa de Groenlandia, e ao sur polo estreito de Dinamarca e Islandia; ao sueste, detrás da illa Jan Mayen, atópase a vasta extensión do mar de Noruega, do que ás veces o mar de Groenlandia se considera unha extensión. A través do estreito de Fram, ao noreste, o mar está delimitado polo arquipélago das illas Svalbard.

Correntes oceánicasEditar

Este brazo do océano Glacial Ártico é o principal conduto das súas augas cara ao océano Atlántico.[5] As progresivamente frías augas da Corrente do Atlántico Norte («North Atlantic Current») afúndense no océano Ártico, retornando ao sur en forma de Corrente Groenlandia Este («East Greenland Current»), unha parte importante da cinta transportadora do Atlántico. Debido á deriva de xeo do Ártico, pártea norte do mar de Groenlandia de cando en cando está aberta á navegación.

BiodiversidadeEditar

As principais especies que habitan este mar atópanse na base da cadea alimentaria. Existen grandes invertebrados, peixes, aves e mamíferos (incluídos focas, baleas e delfíns, que se alimentan de invertebrados e pequenos organismos.

NotasEditar

  1. Encyclopædia Britannica on-line (ed.). "Greenland Sea" (en inglés). 
  2. Greenland Sea, MarBEF Data System – European Marine Gazetteer (en inglés)
  3. Reddy, M. P. M. (2001). Taylor & Francis, ed. Descriptive Physical Oceanography. p. 8. ISBN 978-90-5410-706-4. Consultado o 17 de abril do 2016. 
  4. Soltwedel, T., Miljutina, M., Mokievsky, V., Thistle, D., Vopel, K.(2003). The meiobenthos of the Molloy Deep (5600 m), Fram Strait, Arctic Ocean, Vie et milieu-life and environment, 53(1), 1-13. Dispoñible en: [1] Arquivado 24 de xullo de 2011 en Wayback Machine..
  5. 5,0 5,1 "NASA". Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2009. Consultado o 17 de abril de 2016. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.