Parque Nacional do Nordeste de Groenlandia

parque nacional de Groenlandia

Coordenadas: 76°N 30°O / 76, -30

Parque Nacional do Nordeste de Groenlandia
Northeast Greenland National Park in Greenland 2018.svg
Marco Legal
Figura de Protección: Parque nacional
Ano de constitución: 21 de maio de 1974
Superficie: 972 000 km²
Lexislación:
Datos de interese
País: Groenlandia Groenlandia
Provincias:
Concellos:
Ríos:
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:

Parque Nacional do Nordeste de Groenlandia (en groenlandés: Kalaallit Nunaanni nuna eqqissisimatitaq, en dinamarqués: Grønlands Nationalpark) é o meirande parque nacional do mundo e a novena área protexida por superficie (só superada por áreas protexidas marítimas).[1] Estabelecido en 1974 e ampliado até o seu tamaño actual en 1988, protexe 972 000 km²[2] do interior e da costa nordeste de Groenlandia. Supera en superficie á maioría dos países do mundo, agás 29. Foi o primeiro parque nacional creado en Dinamarca e tamén o máis setentrional do mundo.

XeografíaEditar

O parque limita, case en liña recta, co concello de Sermersooq polo sur e co de Avannaata polo oeste, coincidindo parcialmente co meridiano 45 oeste. O interior ocúpao a capa de xeo de Groenlandia, mais tamén hai grandes zonas libres de xeo na costa e na península da terra de Peary, ao norte.

Ao igual que o resto do Ártico, o parque sofre unha alarmante perda de xeo por mor do quecemento global.[3]

FaunaEditar

 
Iceberg no parque nacional.

Estímase que hai entre 5 000 e 15 000 bois almiscreiros, así como numerosos osos polares e morsas, que se atopan na parte costeira do parque. En 1993, estimábase que o 40% da poboación mundial de boi almiscreiro vivía na zona. Entre outros mamíferos que se poden atopar no parque, destacan o raposo ártico, o armiño, o lemming de colar, a lebre ártica e unha poboación pequena pero importante de lobo de Groenlandia. Entre as especies mariñas, pódense atopar a foca anelada, a foca barbuda, a foca de Groenlandia, a foca de capelo, o narval e a beluga.[4]

Entre as aves que crían no parque destacan a movella grande, o ganso sangano, o ganso bicocurto, o eider, o éider real, o falcón albar, o bufo nival, o pilro bulebule, o Lagopus muta e o corvo grande.[4]

NotasEditar

  1. "The National Park". Greenland.com. Consultado o 18 de xuño de 2013. 
  2. Statistics Greenland, Greenland in Figures, 2009
  3. Ramskov, Jens. "Climate models underestimate the melting of the ice cap " In English Ingeniøren, 26 de decembro de 2014. Data de acceso: 26 de decembro de 2014.
  4. 4,0 4,1 "Kalaallit Nunaat high arctic tundra". na1112. Consultado o 3 de outubro de 2008. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar