Avannaata

concello de Groenlandia

Avannaata (en groenlandés: Avannaata Kommunia) é un concello situado na costa noroeste de Groenlandia, operativo dende o 1 de xaneiro de 2018 trala partición do antigo concello de Qaasuitsup. A súa capital atópase na vila de Ilulissat. En 2021 tiña 10 820 habitantes.[1]

Modelo:Xeografía políticaAvannaata
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 74°16′12″N 51°31′47″O / 74.270119, -51.529781Coordenadas: 74°16′12″N 51°31′47″O / 74.270119, -51.529781
EstadoDinamarca
País autónomoGroenlandia Editar o valor em Wikidata
CapitalIlulissat Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación10.820 (2021) Editar o valor em Wikidata (0,02 hab./km²)
Xeografía
Superficie522.700 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de xaneiro de 2018 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoPalle Jerimiassen (en) Traducir (2021–) Editar o valor em Wikidata
ISO 3166-2GL-AV Editar o valor em Wikidata

Páxina webavannaata.gl Editar o valor em Wikidata
Facebook: AvannaataKommunia Youtube: UChwZgmMX-cXl9dUvyeh6a4g Editar o valor em Wikidata

Xeografía editar

Avannaata limita polo sur co concello de Qeqertalik. No sueste, limita co de Sermersooq, pero esta fronteira vai de norte a sur polo centro da capa de xeo de Groenlandia e, como tal, está libre de tráfico. No leste e nordés limita co Parque Nacional do Nordeste de Groenlandia.

No extremo sur da costa municipal atópanse as augas da baía de Disko, aínda que algunhas comunidades da baía de Disko pertencen ao municipio de Qeqertalik. Esta baía é unha entrada da meirande baía de Baffin, que cara ao norte bordea a illa de Groenlandia e forma a baía de Melville. A costa do nordeste da baía de Baffin está salpicada de illas do arquipélago de Upernavik, que está enteiramente contido dentro do municipio. No extremo noroeste, preto de Qaanaaq e Siorapaluk, as costas municipais esténdense ata o estreito de Nares, que separa Groenlandia da illa Ellesmere (que pertence ao Canadá).

Vilas e asentamentos editar

Área de Ilulissat editar

Área de Qaanaaq editar

Área de Uummannaq editar

Área de Upernavik editar

Notas editar

  1. Statistical Greenland (ed.). "Population by Localities". Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2020. Consultado o 7 de abril 2020. 

Véxase tamén editar