Kirkwall
Kirkwall é a vila principal e capital do arquipélago das Illas Órcadas, ao norte da Escocia.
O nome Kirkwall deriva do noruegués Kirkjuvagr (« vano da igrexa »), deformado en Kirkvoe e Kirkwaa.
Kirkwall está situado na costa norte da illa principal do arquipélago. O seu porte está unido por transbordador con Aberdeen e Lerwick así como coas principais illas do arquipélago situadas ao norte. A poboación de Kirwall é de aproximadamente 8.500 habitantes.
A catedral do Santo Magnus álzase no centro da vila. Foi fundada en memoria de santo Magnus Erlendsson, conde das Órcadas (1108-1117) polo conde (máis tarde canonizado) Rögnvald Kali. O pazo bispal e o pazo condal atópanse preto da catedral. O museo de Tankerness House conserva colección de obxectos prehistóricos dos, Pictos e Viquingos dunha importancia internacional.