Lerwick

Coordenadas: 60°09′18″N 1°08′42″O / 60.155, -1.145

Lerwick é a única vila e principal porto das illas Shetland, situada a máis de 160 km ao norte da costa de Escocia. Ten unha poboación duns 7.500 residentes e é de lonxe a vila máis setentrional do Reino Unido, estando á mesma distancia de Bergen, en Noruega, que de Aberdeen, en Escocia.

Vista da vila.

Lerwick está situada na costa leste da illa principal das Shetland. Foi fundada no s.XVII como porto pesqueiro, e axiña se converteu en porto para ferries. O porto está tamén moi concorrido con barcos de descarga de petróleo.

De Lerwick saen ferries cara a Kirkwall (Illas Orcadas), Aberdeen (Escocia), illa de Fair, Bergen (Noruega), Seyðisfjörður (Islandia) e Tórshavn (illas Feroe), así como cara outras localidades do arquipélago das Shetland.

Os edificios máis significativos de Lerwick son Fort Charlotte, Lerwick Town Hall, o Böd of Gremista e Clickimin Broch.

Lerwick é un nome con raíces no antigo noruegués e o seu descendente local, o norn, que se falou nas Shetland ata mediados do s.XIX. As palabras Ler Wich quere dicir baía lamacenta. O correspondente noruegués é Leivik. Leir quere dicir arxila e vik quere dicir baía ou cabo.

Lerwick está irmandado con Måløy en Noruega.