Thomas MacDonagh (en irlandés: Tomás Mac Donnchadha), nado en Cloughjordan (Tipperary do Norte) o 1 de febreiro de 1878 e finado en Dublín o 3 de maio de 1916, foi un nacionalista irlandés, poeta, dramaturgo e un dos líderes do Alzamento de Pascua de 1916.

Modelo:BiografíaThomas MacDonagh
Nome orixinal(ga) Tomás Mac Donnchadha Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de febreiro de 1878
Cloughjordan, Condado de Tipperary, Irlanda
Morte3 de maio de 1916 (38 anos)
Kilmainham Gaol, Dublín, Irlanda
Causa da morteferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Arbour Hill Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónPolítico, activista, poeta e líder revolucionario
Membro de
Carreira militar
LealdadeÓglaigh na hÉireann Editar o valor en Wikidata
Rango militarComandante Editar o valor en Wikidata
ConflitoAlzamento de Pascua Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMuriel MacDonagh Editar o valor en Wikidata
FillosDonagh MacDonagh Editar o valor en Wikidata
IrmánsJohn MacDonagh Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1350588 WikiTree: MacDonagh-1 Find a Grave: 4266 Editar o valor en Wikidata

Biografía

editar

Thomas MacDonagh interesouse polo gaélico irlandés, trasladándose a Dublín a estudar. Na capital irlandesa fíxose membro da Conradh na Gaeilge (Liga Gaélica) e fixo amizade con Eoin MacNeill e Patrick Pearse, este último fixo que ingresara a traballar na Escola St. Enda (Scoil Éanna) en Ranelagh (Condado de Dublín) en 1908, onde se realizaba un ensino bilingüe inglés-irlandés. Pouco despois foi lector da Universidade Nacional de Irlanda, e en 1910 foi nomeado titor do xove poeta Joseph Plunkett, tamén membro da Liga Gaèlica. En 1912 casou con Muriel Gifford, unha muller protestante que se converteu ao catolicismo, con ela tería un fillo en 1913 ao cal chamaron Donagh.

En 1913, Plunkett e MacDonagh asistiron á primeira reunión dos Voluntarios Irlandeses e formaron parte do Comité Provisional. Máis tarde foi capitán do II Batallón e comandante da Brigada de Dublín. Inicialmente os seus puntos de vista políticos eran constitucionalistas, mais as influencias de Pearse, Plunkett e Sean MacDermott fixérono evolucionar ao republicanismo, de xeito que no verán de 1915 uniuse á Irmandade Republicana Irlandesa (IRB). Tamén estivo presente no funeral do líder feniano Jeremiah O'Donovan Rossa, onde Patrick Pearse leu unha oración fúnebre.

A pesar de que o seu nome figura como un dos sete dirixentes do Alzamento de Pascua de 1916, a realidade é que incorporouse máis tarde ao grupo, en abril de 1916, cando o Alzamento xa estaba en marcha. Quizais se debe ao feito de que era un acabado de chegar no IRB, mais Thomas Clarke promoveu o seu ascenso, axudado pola súa amizade con Pearse e Plunkett. Deste xeito, foi un dos signatarios da Proclamación de Pascua.

Durante a revolta, o seu rexemento situouse na fábrica de galletas Jacob, onde se lle uniu o veterano feniano John MacBride. A pesar de ser un dos rexementos máis numerosos, tiña pouca experiencia en combate e o 30 de abril recibiu a orde de renderse ás forzas británicas. Foi xulgado por un tribunal militar, condenado a morte e fusilado o 3 de maio de 1916.

A súa viúva morreu mentres nadaba en Skerries (Condado de Dublín, en xullo de 1917. O seu fillo, Donagh MacDonagh, foi un coñecido escritor e xuíz, finou en 1968.