Theophil Noack
Theophil Johann Noack, nado o 20 de setembro de 1840 en Ostre Bardo (en alemán, Wusterbarth), voivodato de Pomerania Occidental (Polonia), e finado o 31 de marzo de 1918 en Braunschweig, no actual Land de Baixa Saxonia (Alemaña), foi un zoólogo alemán.
Nome orixinal | Theophil Johann Noack |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 20 de setembro de 1840 Wusterbarth, Prusia Oriental, Imperio alemán (Hoxe Ostre Bardo, voivodato de Pomerania Occidental, Polonia) |
Morte | 31 de marzo de 1840 Braunschweig, Alemaña |
País de nacionalidade | alemá |
Educación | Universidade de Halle, Universidade de Leipzig |
Actividade | |
Lugar de traballo | Szczecin Koszalin (pt) Braunschweig |
Ocupación | zoólogo |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Noack |
Traxectoria
editarEn 1858 comezou a estudar Historia Natural e Xeografía na Universidade de Halle, pasando despois á Universidade de Leipzig, onde se doutorou en Medicina en 1865. Entre 1860 e 1874 foi profesor nunha escola secundaria (Gymnasium) en Stettin (actual Szczecin) e, desde 1874 até 1911, foi profesor no Ducal Reform Gymnasium de Braunschweig.
As investigacións de Noack centránronse na fauna de mamíferos de África. En 1906 describiu unha misteriosa especie de elefante anano africano, á que denominou Loxodonta pumilio, estudando un espécime que adquirira Carl Hagenbeck, do zoolóxico do Bronx de Nova York. Nos anos seguintes, porén, constatouse que o tal Loxodonta pumilio non era máis ca un exemplar de pequeno tamaño de elefante africano de bosque (Loxodonta cyclotis) e, polo tanto, non era un taxon válido.
Noack describiu, entre outros taxa:
- Hipposideros ruber, quiróptero da familia dos hiposidéreos,
- Graphiurus microtis, roedor da famiilia dos glíridos,
- Gerbilliscus boehmi, roedor da familia dos múridos,
- Aethomys kaiseri, roedor familia dos múridos, e
- Equus africanus somaliensis, subespecie do asno salvaxe africano, Equus africanus, perisodáctilo da familia dos équidos.
Ademais, en 1894 creou o xénero Dorcatragus, para incluír nel á especie Oreatragus megalotis descrita no mesmo ano por Joseph Menges.
Theophil Noack escribiu moitos artigos, os máis deles aparecidos nas revistas Zoologischer Anzeiger e Zoologische Jahrbücher, publicadas pola Deutschen Zoologischen Gesellschaft (Sociedade Alemá de Zooloxía).
Algunhas publicacións
editar- Pindari Carmen Nemeacum interpretatus est (Unha interpretación dunha oda de Píndaro), 1867. [1]
- Neues aus der Tierhandlung von Karl Hagenbeck, sowie aus dem Zoologischen Garten in Hamburg, 1884.
- Beiträge zur Kenntniss der Säugethierfauna von Süd- und Südwest-Afrika, 1887. [2]
- Beiträge zur Kenntniss der Säugetier-Fauna von Ost- und Central-Afrika, 1887. [3]
- Beiträge zur Kenntnis der Säugetier-Fauna von Ostafrika, 1891. [4]
- Neue Beiträge zur Kenntniss der Säugethier-Fauna von Ostafrika, 1893. [5]
- Über die neue von Herrn J. Menges beschriebene Antilope des Somali-Landes, 1894. [6]
- Equus Przewalskii, 1902. ([7]
- Ein neuer Hirsch aus der Dschungarei, 1902. [8]
- Die Entwicklung des Schädels von Equus Przewalskii, 1902. [9]
- Das Zebra vom Kilimandscharo, 1902. [10]
- Centralasiatische Steinböcke, 1902. [11]
- Zur Entwicklung von Equus Przewalskii, 1903. [12]
- Der Schädel von Capra Mengesi, 1903. [13]
- Zur Säugetierfauna des Tian-Schan, 1903. [14]
- Die Steinböcke des Altaigebietes, 1903. [15]
- Asiatische Bären der Arctos- und Tibetanus-Reihe, 1903. [16]
- Ein neuer Cephalophus, 1904. [17]
- Analyse der Herberstainschen Abbildungen des Ur und des Wisent, 1905. [18]
- Bären aus der Mongolei, 1905. [19]
- Eine Zwergform des afrikanischen Elefanten, 1906. [20]
Abreviatura
editarA abreviatura Noack emprégase para recoñecer a Theophil Noack como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Bo Beolens, Michael Watkins & Michael Grayson (2009): The Eponym Dictionary of Mammals. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-9304-9, páx. 294.