Asno salvaxe africano

(Redirección desde «Equus africanus»)

O asno salvaxe africano ou burro salvaxe africano (Equus africanus) é un membro salvaxe da familia dos équidos. Crese que esta especie é o antepasado do burro doméstico, o cal é clasificado dentro da mesma especie.[2] Viven nos desertos e outras áreas áridas do Corno de África, en Eritrea, Etiopía e Somalia. No pasado tivo unha distribución máis ampla no norte e oeste cara ao Sudán, Exipto e Libia. Existen arredor de 570 exemplares en estado salvaxe.

Asno salvaxe africano

Exemplar de Equus africanus somalicus.
Estado de conservación
Crítico
Crítico[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Perissodactyla
Familia: Equidae
Xénero: Equus
Especie: E. africanus
Nome binomial
Equus africanus
Heuglin & Fitzinger, 1866
Distribución das poboacións salvaxes
Distribución das poboacións salvaxes

Distribución das poboacións salvaxes
Subespecies

Equus africanus africanus
Equus africanus somaliensis
Equus africanus asinus
Equus africanus atlanticus

Notas editar

  1. Moehlman, P.D. (2015). "Equus africanus". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 
  2. Staff (10 de agosto de 2010). "African wild ass is the mother of donkeys, DNA shows". National Geographic Blogspot. National Geographic. Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2010. Consultado o 8 de novembro de 2010.