Abrir o menú principal

Theatro crítico universal, t. 1º, MDCCXXVI.

Teatro crítico universal, subtitulado Discursos varios en todo género de materias para desengaño de errores comunes, é unha extensa colección de ensaios escrita por Benito Xerónimo Feijoo e Montenegro, publicada en oito tomos entre 1726 e 1739. Ten a súa continuación en Cartas eruditas y curiosas, publicadas en seis tomos entre 1742 e 1760.

CaracterísticasEditar

 
Benito Jerónimo Feijoo.

A obra, escrita no contexto da era da Ilustración, recolle no título a acepción teatro como panorama xeral, común naquel momento. Abrangue cento dezaoito ensaios que abordan as máis diversas materias, como filoloxía, física, matemática, ciencias naturais, medicina, astronomía, xeografía, economía, dereito, relixión, política, filosofía ou literatura. O obxectivo de Feijoo, xa indicado no subtítulo, pretende corrixir vellas supersticións, prexuízos e costumes, cuestión que xa emprenderan autores europeos como Thomas Browne en Inglaterra e Christian Thomasius en Alemaña. Feijoo aparece como unha figura defensora do método experimental en ciencia, amósase moderadamente escéptico en asuntos relativos á haxiografía, aínda que sen reflectir ningunha dúbida sobre o dogma católico. Feijoo escribiu esta obra cun estilo sinxelo, con influencia do estilo e aire, entón predominante, da prosa francesa[1].

Foi unha das obras máis divulgadas e polémicas do século XVIII español, chegando aos 600.000 exemplares vendidos, e sendo traducida ao inglés, francés, italiano, alemán e portugués. Recibiu a crítica de coetáneos seus, como Salvador José Mañer, que chegou a escribir un Anti-Theatro Crítico. Porén, recibiu boa acollida por parte do papa Bieito XIV e de diversos prelados e escritores. O rei Fernando VI de España nomeou ao Padre Feixoo Conselleiro do reino, se ben o padre beneditino rechazou permanecer na corte.

TemáticaEditar

Un dos ensaios, Defensa de las mujeres, aborda a igualdade entre o home e a muller, centrada no aspecto do entendemento. Esta obra provocou numerosas opinións en contra, tanto por parte do estamento eclesiástico como do Secular. O texto adoita incluírse como unha das obras precursoras do feminismo[2].

NotasEditar

  1. Ferrarin, A. R., Diccionario Literario Bompiani de obras y personajes de todos los tiempos y todos los países, tomo X. página 41. Barcelona: Hora, 1992.
  2. Oliva Blanco: La polémica feminista en la España Ilustrada. ISBN 978-84-937184-7-3 (en castelán).

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Armesto, V.: Dos gallegos, Feijóo y Sarmiento, La Coruña: Moret, 1964.
  • Bibliographie des sources françaises de Feijoo, París: Hachette, 1936.
  • Menéndez Pelayo, M.: Historia de los heterodoxos españoles (tomo III, pp. 67-82), Madrid, 1881.
  • Morayta, M.: El Padre Feyjóo y sus obras, Valencia, 1913.
  • Otero Pedrayo, R.: El padre Feijóo: su vida, doctrina e influencias, Ourense: Instituto de Estudios Orensanos, 1972.
  • Rodríguez Pardo, J. M.: El alma de los brutos en el entorno del Padre Feijoo, Oviedo: Fundación Gustavo Bueno, Pentalfa, 2008.
  • Santos, J.: Indice general alfabético de las cosas más notables que contienen las obras de Feyjóo, Madrid, 1774.
  • Sempere y Guarinos, J.: Ensayo de una biblioteca española de los mejores escritores del reinado de Carlos III, tomo III, pp. 18-46, Madrid, 1789.

Ligazóns externasEditar