Thalassornis leuconotus
Thalassornis leuconotus | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
![]() Pouco preocupante | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Thalassornis leuconotus Eyton, 1838 | |||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||
|
Thalassornis leuconotus é unha especie de ave da orde dos anseriformes e familia dos anátidos, que é o único membro do xénero Thalassornis.
É diferente de todos os demais patos, e está estreitamente relacionado cos patos asubiadores (como se denominan en castelán e en inglés) dos cca da subfamilia dos dendrocigninos, aínda que tamén ten similitude cos patos da subfamilia dos oxiurinos.
Ás veces considérase que forma parte da subfamilia dos talasorninos (Thalassorninae) (sendo o seu único membro), mentres que outras clasificacións [1] inclúen esta especie na subfamilia dos dendrocigninos.
Este pato, que mide entre 38 e 40 cm, é un bo mergullador, e pode permanecer baixo a auga durante máis dun minuto.
Aliméntase sobre todo de ninfas de insectos.
Esta especie vive en África, especialmente entre Senegal e o Chad, no oeste, e máis en Etiopía e na África austral, no leste.
O seu hábitat constitúeno os lagos, estanques e encoros, onde se pode camuflar ben contra os seus depredadores, as aves rapaces.
NotasEditar
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Thalassornis leuconotus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Thalassornis leuconotus |
BibliografíaEditar
- Carboneras, Carles en: del Hoyo, Josep; Elliot, Andrew & Sargatal, Jordi (1992): Family Anatidae (Ducks, Geese and Swans) Handbook of the Birds of the World. Volume 1. Barcelona (España):Lynx Edicions. ISBN 84-87334-10-5.
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Thalassornis leuconotus en IUCN. Lista vermella (en inglés).