Segundo algúns autores, a dos oxiurinos (Oxyurinae) é unha subfamilia de aves da orde das anseriformes e familia dos anátidos.

Características

editar

A maioría dos seus membros son patos, algúns denominados malvasías, que teñen as plumas da cola longas, que se erixen cando a ave está en repouso.

A excepción é Heteronetta atricapilla que se parece máis a un pato típico provisto de cola curta.

Costumes

editar

Son todos mergulladores de auga doce, provistos de patas curtas que lles fan que sexan torpes na terra, polo que raramente deixan a auga.

Cortexo sexual

editar

O seu cortexo sexual é raro e involucra un tamborileo emitido pola súa gorxa e bolsas inchábeis, axitando a cabeza, e erixindo as súas curtas cristas.

Taxonomía

editar

Descrición

editar

O grupo foi descrito polo naturalista e ornitólogo inglés William John Swainson en 1831.

Os oxiurinos inclúen 4 xéneros, 3 deles monotípicos, con 8 especies viventes.

Nota taxonómica

editar

Algúns autores non recoñecen esta subfamilia, e as súas especies clasifícanas dentro da subfamilia dos anatinos.[1]

Xéneros, especies e distribución

editar
Oxyura
Especie Distribución Imaxe
Oxyura australis Australia
 
Oxyura jamaicensis América
 
Oxyura leucocephala Europa
 
Oxyura maccoa África
 
Oxyura vittata Suramérica
 
Nomonyx
Especie Distribución Imaxe
Nomonyx dominicus Antillas
 
Biziura
Especie Distribución Imaxe
Biziura lobata Australia e Tasmania
 
Heteronetta
Especie Distribución Imaxe
Heteronetta atricapilla Suramérica