Crista (carúncula)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Crista.
- Para crista de plumas, véxase Penacho
A crista é unha protuberancia caruncular situada de forma lonxitudinal que presentan algunhas especies de aves galiformes (Galliformes) na parte superior da cabeza. As cristas das aves gestán xeralmente vivamente coloreadas. É un carácter sexual secundario que se desenvolve totalmente coa madurez sexual e distingue os machos das femias. A intensidade da súa coloración e turxencia están regulados polas hormonas sexuais e intensifícanse durante a época de cría.
Funcións da crista
editar- É un elemento de atracción sexual durante a parada nupcial ou cortexo sexual.
- Nas aves de orixe tropical (como en Gallus gallus bankiva) desempeña un papel na termorregulación do animal.
- Desempeña algún papel na inmunidade xa que se inflama rapidamente coas infeccións.
Tipos de crista nas aves
editarPola súa forma e configuración as cristas poden clasificarse nos seguintes grupos:
- Sinxela: é unha crista vertical simple formada por unha soa lámina serrada ou dentada, sendo a propia do galo bankiva (Gallus gallus bankiva), subespecie de galo da que derivan todas as razas e variedades de galiñas domésticas. Poden ser de tamaño grande, mediano ou pequeno.
- Dupla: nestas cristas non hai puntas ou adquiren maior superficie de implantación, pero sen rematar en punta, como as anteriores.
- Rosa: son cristas baixas e aplanadas, cunha superficie granulosa ou dentada, finalizada posteriormente por unha punta libre e disposta horizontalmente.
- Noz: denomínase con este nome a crista que se limita a ser un simple mamelón carnoso, sen dentes ou formas estruturadas. Cando é de cor mourada e forma un mamelón na parte anterior da cabeza, denomínase crista con mora. Cando estas cristas son elevadas denomínanse cristas de almofada ou de amorodo.
- Bifurcada: está formada por dúas láminas ou puntas que se manteñen separadas e paralelas, en formas ou disposicións diversas.
- Coroada ou de copa: está formada por unha base plana, de cuxos bordos xorden diversas puntas ou dentes que, en conxunto, se asemellan a unha copa ou coroa.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Crista |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de crista |