Heteronetta atricapilla

Heteronetta atricapilla é unua especie de ave da orde das anseriformes, familia dos anátidos e subfamilia dos oxiurinos, a única representante do xénero Heteronetta.

Heteronetta atricapilla
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Anseriformes
Familia: Anatidae
Subfamilia: Oxyurinae
Xénero: Heteronetta
Salvadori, 1865
Especie: H. atricapilla
Nome binomial
Heteronetta atricapilla
(Merrem, 1841)
Área de distribución de H. atricapilla
Área de distribución de H. atricapilla

Área de distribución de H. atricapilla
Sinonimia
Véxase o texto

Taxonomía editar

Descrición editar

Xénero editar

O xénero foi descrito en 1865 polo nobre, político, patriota, médico e naturalista italiano Tommaso Salvadori.[2][3]

Sinónimo editar

Ademais de polo seu nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polo sinónimo:[3]

Especie editar

A especie describiuna en 1841 o naturalista, zoólogo (especialista en ornitoloxía e herpetoloxía) alemán Blasius Merrem.[2][3]

Distribución editar

É unha especie propia de América do Sur, e a súa área de distribución comprende o sur do Brasil, o Uruguai, o centro de Chile e gran parte do centro da Arxentina. Preséntase como divagante nas illas Falkland (Malvinas).[1]

Catacterísticas editar

Heteronetta atricapilla é un pato de que mide aproximadamente de 35 a 39 cm, cunha masa corporal de 400 a 700 g.

Presenta dimorfismo sexual, sendo o macho de coloración café (castaña), coa cabeza negra e, en temporada reprodutiva, remarcando a base do pico unha coloración vermella. A femia é de coloración café castaña máis apagada e coa liña superciliar contrastada.

 
Parella de H. atricapilla

Habita nos lagos e lagoas de auga doce, con presenza de vexetación do xénero Scirpus, alimentándose de sementes e moluscos.

Trátase do único pato parasito do mundo, xa que as femias depositan os seus ovos nos niños doutras especies de aves, coa finalidade de que os incuben. Os ovos tardan 21 días en eclosionar.

Cando nacen os pitos, nidífugos, automaticamente independízanse dos seus pais adoptivos e reúnense en grupos de patitos.

Parasita principalmente a Netta peposaca, a aves do xénero Fulica, como Fulica armillata e Fulica rufifrons, e niños da gaivota Chroicocephalus maculipennis.

Estado de conservación editar

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, considerando que esta especie ten unha área de distribución moi grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel baixo o criterio de tamaño da área de distribución, que a tendencia de poboación parece ser estábel e, polo tanto, a especie non se aproxima aos limiares de vulnerábel segundo o criterio de tendencia de poboación, e que o tamaño da súa poboación é moi grande, polo que non se aproxima aos limiares de vulnerábel segundo o criterio do tamaño da poboación, o status da especie é avaliado como LC (pouco preocupante).[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 BirdLife International (2016): Heteronetta atricapilla na Lista vermella da UICN. Versión 2022-1. Consultada o 27 de outubro de 2022.
  2. 2,0 2,1 Heteronetta atricapilla (Merrem, 1841) no GBIF. Consultado o 27 de outubro de 2022.
  3. 3,0 3,1 3,2 Heteronetta atricapilla (Merrem, 1841)] na BioLib. Consultada o 27 de outubro de 2022.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar