Tesouro de Tomares

tesouro de moedas romanas
Tesouro de Tomares
Ánfora coas moedas do tesouro de Tomares

· Data do depósito: séculos III e IV d.C.

· Período: baixo Imperio Romano.

· País: España.

· Descubridor: Javier Yuste e Silvia Marín.

· Lugar de aparición: Tomares, Sevilla.

· Data do achado: 27 de abril de 2016.

· Composición: máis de 50.000 moedas e 19 ánforas.

· Materiais: bronce.

· Conservación: Museo Arqueolóxico de Sevilla.

O tesouro de Tomares (tamén coñecido como tesouro de El Zaudín)[1] é un depósito de máis de 50.000 moedas romanas de bronce dos séculos III e IV d. C achado en abril de 2016 na localidade sevillana de Tomares, en Andalucía.

Descuberta

editar

O achado produciuse o 27 de abril de 2016 por parte dun equipo de traballo da Empresa de Transformación Agraria, dirixido por Javier Yuste Zazo e Silvia Marín Montero, durante unhas obras nunha canalización da Confederación Hidrográfica do Guadalquivir no Parque del Olivar del Zaudín, en Tomares. Os traballadores tropezaron, a unha profundidade de arredor dun metro,[2] cuns recipientes cerámicos que racharon co impacto da maquinaria e, ao avisar do seu contido, que era claramente visible, acudiu axiña a Garda Civil e informouse a Delegación Territorial de Cultura de Sevilla da Junta de Andalucía.[3]

A rapidez na intervención dos arqueólogos evitou que as moedas contidas nas ánforas escachadas se esparexesen e puidesen perderse, e logrou que se extraesen íntegros os recipientes que non padeceran dano ningún durante as obras, de xeito que o seu contido permaneceu íntegro.[3]

Contido

editar

O tesouro completo estaba formado por 19 ánforas que contiñan arredor de entre 53.000 e 55.000 moedas de bronce do baixo Imperio Romano, cun peso total aproximado de 600 kg.[2] Do conxunto, 11 ánforas consérvanse en boas condicións e mesmo 9 permanecen íntegras, coas pezas no seu interior, polo que o número de moedas efectivamente contabilizadas ascendeu a lago máis de 22.500 pezas.[4]

Trátase en todos os casos de follis dos séculos III e IV, cuñados a nome dos emperadores Maximiano, Constancio I, Diocleciano e Galerio.[5] As moedas teñen pesos de entre 8 e 10 gramos e diámetros de en torno aos 25 mm. Nos seus anversos amosan a imaxe do respectivo emperador e nos seus reversos diversas alegorías romanas.[6]

 
Moedas dos catro emperadores do primeiro goberno da Tetrarquía: Diocleciano, Maximiano, Galerio e Constancio I, pertencentes ao tesouro de Tomares. Museo Arqueolóxico de Sevilla.

Os investigadores puxeron de relevo que en contadas ocasións a nivel mundial se achou semellante acumulación de pezas, e ademais tan homoxéneas​. As moedas, case todas cubertas dunha pátina verde cobriza, Acháronse nun estado excepcional tendo en conta a súa antigüidade. A falta de desgaste leva os expertos a concluír que estaban acabadas de cuñar e aínda non entraran en circulación. Crese que tal cantidade de diñeiro estaba destinada a pagar a soldados e funcionarios, ou ao aboamento de impostos imperiais.[2]

Conservación e exposición

editar

O tesouro de Tomares ou de El Zaudín ingresou no Museo Arqueolóxico de Sevilla (MASE) en abril de 2016,[2] onde inicialmente se levaron a cabo os labores de limpeza, inventario e almacenamento do conxunto.[7]

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar