Teodosii Rostotskyi
Teodosii Rostotskyi (en ucraíno: Теодосій Ростоцький; en polaco: Teodozy Rostocki; en belaruso: Феадосій Растоцкі), nado en 1725 e finado o 25 de xaneiro de 1805 en San Petersburgo (Imperio Ruso), foi un eclesiástico grecocatólico ruteno, metropolita de Kíiv e Galicia e toda a Rus dende 1788 até a súa morte.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1725 ![]() Condado de Słonim, Gran Ducado de Lituania ![]() |
Morte | 25 de xaneiro de 1805 ![]() San Petersburgo, Rusia ![]() |
Metropolitano de Kíiv | |
1 de novembro de 1788 – 25 de xaneiro de 1805 ← Yason Smohozhevskyi – Herakliusz Lissowski (en) ![]() | |
Bispo diocesano | |
2 de xullo de 1784 – 4 de abril de 1790 ← Maksymilian Rylo (en) ![]() ![]() Diocese: Eparquia uniata de Chełm (pt) ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica e Metrópole de Kíiv, Galicia e toda a Rus ![]() |
Educación | Pontificio Colexio Grego de San Atanasio ![]() |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1785–), sacerdote católico (1753–) ![]() |
Membro de | |
Consagración | Yason Smohozhevskyi ![]() |
Familia | |
Familia | Q111534148 ![]() ![]() |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Dicionario Biográfico Ruso ![]() |
Traxectoria
editarTivo unha vocación temperá, ingresando arredor dos 14 anos na Orde de San Basilio Magno. O 4 de decembro de 1753 foi ordenado sacerdote de dita orde.
O 2 de xullo de 1784 foi nomeado bispo de Chełm, e ao mes seguinte, o 2 de agosto, arcebispo coadxutor de Kíiv. Recibiu a consagración episcopal o 19 de xuño de 1785 de mans do metropolita Yason Smohozhevskyi, e tendo como principais co-consagrantes ao bispo de Lutsk e Ostroh Kypriian Stetskyi e ao bispo auxiliar da diocese latina de Lutsk Jan Chryzostom Kaczkowski.
O 1 de novembro de 1788 sucedeu a Yason Smohozhevskyi como metropolita de Kíiv, Galicia e toda a Rus. Renunciou ao goberno da eparquía de Chełm en 1790.
Finou no cargo o 25 de xaneiro de 1805.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Назарко, Іриней-Іван Іванович (1962). Київські і Галицькі митрополити: біографічні нариси (1590-1960). Analecta OSBM. Serie 2. Sectio 1. Roma. OCLC 54007358.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Maksymiliian Rylo |
Bispo de Chełm 1784 - 1790 |
Sucesor: Porfyrii Skarbek-Vazhynskyi |
Predecesor: Yason Smohozhevskyi |
Metropolita de Kíiv, Galicia e toda a Rus 1788 - 1805 |
Sucesor: Iraklii Lisovskyi (metropolita de Kíiv e toda a Rus) Antin Anhelovych (metropolita de Galicia) |