Teobaldo I de Bar
Teobaldo I de Bar, nado ao redor de 1158 e finado o 13 de febreiro de 1214, foi conde de Bar de 1190 a 1214 e conde de Luxemburgo de 1197 a 1214. Era fillo de Reinaldo II de Bar e Inés de Champaña.
Nome orixinal | (fr) Thiébaut Ier de Bar |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1158 |
Morte | 13 de febreiro de 1214 (55/56 anos) valor descoñecido |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia |
Actividade | |
Ocupación | feudatario |
Lingua | Lingua francesa |
Outro | |
Título | Count of Bar (en) (1190–1214) |
Familia | House of Scarpone (en) |
Cónxuxe | Ermesenda, Condessa do Luxemburgo (pt) (1197 (Gregoriano)–) Ermesinde of Bar-sur-Seine (en) Laurette of Loon (en) |
Fillos | Henrique II de Bar () Ermesinde of Bar-sur-Seine (en) Agnes of Bar (en) () Ermesinde of Bar-sur-Seine (en) Elisabeth de Bar-Mousson (en) () Ermesenda, Condessa do Luxemburgo (pt) Margarida de Bar (pt) () Ermesenda, Condessa do Luxemburgo (pt) Agnes of Bar (en) () Laurette of Loon (en) Marguerite of Bar (en) () Ermesinde of Bar-sur-Seine (en) |
Pais | Rexinaldo II de Bar e Inês de Blois (pt) |
Irmáns | Henry I, Count of Bar (en) e Reginald of Bar (en) |
Traxectoria editar
Segundo fillo do conde de Bar, pertenceu pola súa nai á liñaxe dos Teobaldos de Champaña, unha rama enfrontada co Ducado de Lorena a nivel local, e dentro do reino o centro dunha liga de oposición ao rei de Francia Filipe Augusto.
Recibiu en principio as os señoríos de Briey e Stenay no reino de Francia. Participa co seu irmán Henrique I na terceira cruzada e converteuse en Conde de Bar cando este morreu no asedio de San Xoán de Acre (1191).
De volta a Europa, dedícase a aumentar o seu poder territorial, polos seus parentescos e os seus matrimonios. O seu terceiro matrimonio, en 1197, permitiulle adquirir Luxemburgo. Atópase á fronte dun inmenso conxunto territorial entre Francia e o Sacro Imperio Romano Xermánico. Erixiuse en árbitro local e en 1202 o duque de Lorena Simón II asinou un tratado para garantir que se respectasen os seus últimos desexos en relación coa súa sucesión. A cambio, Teobaldo recibiu a soberanía feudal do condado de Vaudémont que lle cedeu o duque de Lorena.
En 1211, foi a Occitania para loitar contra os cátaros, pero desaprobou a cabalgada[1] de Simón IV de Montfort ao condado de Foix, e non o seguiu ata o Quercy, rompendo así a cruzada[2].
Morreu en 1214, pouco antes da batalla de Bouvines. O seu territorio dividiuse en dous, o Barrois e as súas dependencias pasaron ao seu fillo e Luxemburgo foi a Waleran IV de Limburgo, que casou coa súa viúva.
Devanceiros editar
16. Luís de Montbéliard | ||||||||||||||||
8. Teodorico I de Montbéliard | ||||||||||||||||
17. Sofía de Bar | ||||||||||||||||
4. Reinaldo I de Bar | ||||||||||||||||
18. Guillerme I de Borgoña | ||||||||||||||||
9. Ermentruda de Borgoña | ||||||||||||||||
19. Estevaneta de Borgoña | ||||||||||||||||
2. Reinaldo II de Bar | ||||||||||||||||
20. | ||||||||||||||||
10. Xerardo I de Vaudémont | ||||||||||||||||
21. | ||||||||||||||||
5. Xisela de Vaudémont | ||||||||||||||||
22. | ||||||||||||||||
11. Edwiga de Dagsbourg | ||||||||||||||||
23. | ||||||||||||||||
1. Teobaldo I de Bar | ||||||||||||||||
24. | ||||||||||||||||
12. Estevo II de Blois | ||||||||||||||||
25. | ||||||||||||||||
6. Teobaldo IV de Blois | ||||||||||||||||
26. | ||||||||||||||||
13. Adela de Blois | ||||||||||||||||
27. | ||||||||||||||||
3. Inés de Champaña | ||||||||||||||||
28. Enxelberto I de Ístria | ||||||||||||||||
14. Enxelberto de Caríntia | ||||||||||||||||
29. Edwiga de Saxonia | ||||||||||||||||
7. Matilde de Carintia | ||||||||||||||||
30. Ulrico de Passau | ||||||||||||||||
15. Utta de Passau | ||||||||||||||||
31. | ||||||||||||||||
Matrimonios e fillos editar
Casou en primeiras nupcias en 1176 con Laureta de Loon (m. 1190), filla de Lois I, conde de Loon e de Rieneck, e de Inés de Metz, coa que tivo a:
- Inés (m. 1226), casou en 1189 con Federico II (m. 1213), duque de Lorena.
Casou en segundas nupcias en 1189 con Isabel (1189 - 1211), filla de Guido de Brienne, conde de Bar-sur-Seine e Isabel de Chacenay, da cal tivo a:
- Henrique II (1190 - 1239), conde de Bar.
- Inés, casada con Hugo de Châtillon (m. 1248), conde de Saint-Pol e Blois.
- Margarida, casada en 1221 con Henrique III, conde de Salm (1191 - 1228), e despois con Henrique de Dampierre (m. 1259).
O matrimonio foi anulado en 1195 e casou finalmente en terceiras nupcias en 1197 con Ermesinda I de Luxemburgo (1186-1247), condesa de Luxemburgo, filla de Henrique IV, conde de Luxemburgo e de Namur, e de Inés de Gueldre. Tiveron a:
- Reinaldo, señor de Briey, morto antes de 1214.
- unha filla, morta en 1214.
- Isabel (m. 1262), casada con Waleran de Limburgo (m. 1242), señor de Monschau.
- Margarida, casada con Hugo III († 1243), conde de Vaudémont, e despois con Henrique de Blois, que foi o rexente do condado de Vaudémont.
Notas editar
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- "Theobald I, Graf von Bar" (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2007. Consultado o 04 de decembro de 2019.