Tenebrioninae

Blaps mortisaga da tribo Blaptini
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Coleoptera
Suborde: Polyphaga
Infraorde: Cucujiformia
Superfamilia: Tenebrionoidea
Familia: Tenebrionidae
Subfamilia: Tenebrioninae
Latreille, 1802
Tribos

Unhas 20-30, ver texto

Tenebrioninae é a subfamilia máis grande dentro da familia dos tenebriónidos, que contén algunhas especies coñecidas como escaravellos da fariña, entre outras. Os Tenebrioninae comprenden máis de 20 tribos.

Descrición editar

 
Larvas de Alphitobius laevigatus (Alphitobiini)

Adultos editar

Os adultos son escaravellos robustos de tamaño medio que tipicamente teñen élitros con algún tipo de corrugación na parte superior. Son normalmente negros, marrón escuro ou grises e adoitan ter un brillo satinado. O corpo ten forma de cápsula de medicamento ou parecida a unha bala; as patas poden ser curtas e grosas ou longas e delgadas. Comen tanto vexetación fresca como en descomposición, incluíndo verduras e varios son pragas da fariña e outros produtos cereais comercialmente importantes.

A subfamilia foi caracterizada[1] pola posesión nos adultos de mandíbulas coa parte traseira en fronte do bordo de corte, sen marxinación e escavada en fronte da parte molar; ter ocelos dispostos en dous grupos con forma de lúa crecente transversos ou circulares a cada lado da cabeza e con cinco lentes máis ou menos fusionadas; ter antenas con artellos basais bastante máis longos que anchos; ter un pixidio que é apicalmente bicomuto; e ter espiráculos abdominais que son ovais e transversos, entre outras características.

Larvas editar

As larvas dos Tenebrioninae parécense moito a outras larvas de tenebriónidos:[2] son usualmente cilíndricas ou lixeiramente aplanadas, ocasionalmente curtas e anchas ou fortemente aplanadas. A cabeza e todos os terxitos visibles ou só a cabeza e ápice abdominal están fortemente esclerotizados.

Os caracteres de diagnóstico das larvas inclúen a presenza dunha sutura frontoclipeal, antenas sensoriais planas e de tipo cupuliforme, ápice malar simple que non está partido, noveno esterno simple, espiráculos anulares ou multiforos anulares, e a ausencia dunha endocarina, prosteca mandibular, bastóns hipostomais, porpatas ventais e grupos ou ringleiras de asperitos tergais.

Especies notables editar

As larvas do Tenebrio molitor úsanse comunmente como insectos para a alimentación de réptiles e anfibios. Outras especies de Tenebrio e Tribolium tamén se crían para servir de comida para animais. Tribolium castaneum é un organismo modelo moi utilizado, especialmente en estudos de conflito intraxenómico e ecoloxía de poboacións.

Varias especies de Tenebrio e Tribolium, como Tribolium confusum e Tribolium destructor e outros xéneros como Gnathocerus cornutus son pragas dos silos de cereais e fariña e outros produtos almacenados.

Sistemática editar

 
Amarygmini: Plesiophthalmus nigrocyaneus
Blaptini: Blaps cf. mucronata
 
Bolitophagini: Bolitophagus reticulatus
 
Mimopeus parvus
 
Helopini: Stenomax aeneus
 
Scaphidemini: Scaphidema metallicum
 
Triboliini: Tribolium destructor
 
Ulomini: Uloma culinaris

Os Tenebrioninae divídense tradicionalmente nunhas 20-30 tribos. A delimitación exacta e validez de varias delas non está moi clara. Os estudos de filoxenia molecular deron lugar a resultados inconsistentes, quizais debido á hibridación, transferencia horizontal de xenes procedentes da bacteria Wolbachia e mostraxe do taxon insuficiente que confunde o estudo da información contida nos datos de secuencias de ADN.[3][4]

Nalgúns tratamentos, os Pimeliinae están tamén incluídos como unha tribo máis. Isto pode ser correcto, pero todo o que se pode dicir é que son unha liñaxe estreitamente relacionada pero ben diferenciada dos Tenebrionidae. Os Opatrini por veces son elevados ao rango de familia co nome Opatrinae. Os Crypticini, Pentaphyllini e Scaphidemini son ás veces situados aquí, pero o máis común é que os sitúen nos Diaperinae.[3][4]

En investigacións feitas por Kamiński et al. publicadas en 2021, as seguintes tribos foron movidas desde os Tenebrioninae a unha nova familia resurrecta, os Blaptinae. Estas tribos conteñen 281 xéneros e unhas 4 000 especies, aproximadamente o 50% dos Tenebrioninae. A nova clasificación foi a seguida por Bouchard et al. ese mesmo ano.[5][6]

Os Tenebrioninae resultantes, de acordo coa "Review of genus-group names in the family Tenebrionidae" ("Revisión dos nomes de grupos de xéneros na familia Tenebrionidae", Bouchard et al. 2021), comprende as seguintes tribos:[6]

Finalmente, os seguintes xéneros teñen unha situación incerta nesta subfamilia:

Notas editar

  1. St. George, R. A. (1924). STUDIES ON THE LARVAE OF NORTH AMERICAN BEETLES OF THE SUBFAMILY TENEBRIONINAE WITH A DESCRIPTION OF THE LARVA AND PUPA OF MERINUS LAEVIS (OLIVIER). (en English). Proceedings of the United States National Museum: Bureau of Entomology, United States Department of Agriculture. pp. 2–3. 
  2. "Introduction to the Darkling beetles of Eastern United States and Florida". entnemdept.ufl.edu. Consultado o 2021-12-31. 
  3. 3,0 3,1 Angelini, D. R. & E. L. Jockusch. (2008). Relationships among pest flour beetles of the genus Tribolium (Tenebrionidae) inferred from multiple molecular markers. Molecular Phylogenetics and Evolution 46(1) 127-41. doi 10.1016/j.ympev.2007.08.017 (HTML abstract)
  4. 4,0 4,1 Bouchard, P.; et al. (2005). "Synoptic classification of the world Tenebrionidae (Insecta: Coleoptera) with a review of family-group names" (PDF). Annales Zoologici 55 (4): 499–530. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2016-03-03. 
  5. Kamiński, Marcin; Lumen, Ryan; Kanda, Kojun; Iwan, Dariusz; et al. (2021). "Reevaluation of Blapimorpha and Opatrinae: addressing a major phylogeny-classification gap in darkling beetles (Coleoptera: Tenebrionidae: Blaptinae)". Systematic Entomology 46: 140–156. doi:10.1111/syen.12453. 
  6. 6,0 6,1 Bouchard, Patrice; Bousquet, Yves; Aalbu, Rolf L.; Alonso-Zarazaga, Miguel A.; et al. (2021). "Review of genus-group names in the family Tenebrionidae (Insecta, Coleoptera)". ZooKeys (1050): 1–633. PMC 8328949. PMID 34385881. doi:10.3897/zookeys.1050.64217. hdl:10261/250214.