Tenebrionoidea

Tenebrionoidea de Europa Central
con detalles anatómicos
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Coleoptera
Suborde: Polyphaga
Infraorde: Cucujiformia
Superfamilia: Tenebrionoidea
Latreille, 1802
Familias

Ver texto.

Os Tenebrionoidea (tenebrionoideos) son unha superfamilia moi grande e diversa de escaravellos.[1] Xeralmente corresponde aos Heteromera de autores máis antigos.

Larva de Synchroa punctata

Taxonomía editar

Tenebrionoidea contén as seguintes familias:

A familia máis grande con diferenza é a dos Tenebrionidae, que en 2014 tiña aproximadamente 20 000 especies descritas e case dous terzos da riqueza de especies da supderfamilia.[2]

Morfoloxía editar

Os Tenebrionoidea mostran unha gama de diferentes morfoloxías. Porén, unha característica da maioría dos adultos é que teñen 5 tarsómeros nas patas dianteiras e medias e 4 nas traseiras (fórmula tarsal 5-5-4). Ocasionalmente, os machos teñen unha fórmula tarsal reducida a 4-4-4, 3-3-3 ou 3-4-4.[2]

Os tenebrionoideos larvarios poden distinguirse por varias características da cabeza: unha gula que diverxe posteriormente con beiras gulares ben desenvolvidas, brazos tentoriais posteriores desprazados anteriormente, mandíbulas asimétricas, o músculo craniocardinal vestixial ou ausente e o músculo tentoriofarinxeo posterior subdividido en varios feixes. O corpo adoita ser subparalelo e lixeiramene aplanado, pero outras formas evolucionaron para axeitarse a diferentes necesidades, como ter forma cilíndrica nas larvas perforadoras, ser fortemente aplanado en larvas que viven baixo as codias e ter forma de C ou parecida a un verme para larvas con estratexias de desenvolvemento especializadas (por exemplo, as larvas post-triungulinas de Ripiphoridae e Meloidae).[1]

Ecoloxía editar

Moitas familias de Tenebrionoidea comen fungos, pero hai unha ampla variedade de estratexias de alimentación no grupo, como comer madeira ou material vexetal en descomposición, comer pole (como en moitos Oedemeridae e Anthicidae), e actuar como ectoparasitoidee doutros insectos (nos Ripiphoridae). Un pequeno número de especies son predadoras ou comen tecidos vexetais vivos.[2]

Os Tenebrionoidea mostran unha particular diversidade en ambientes áridos.[2] Unha adaptación que presentan algúns (por exemplo, Onymacris unguicularis) é a capacidade de recoller auga da néboa para poder beber.[3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Beutel, RG; Friedrich, F (2005). "Comparative study of larvae of Tenebrionoidea (Coleoptera: Cucujiformia)" (PDF). European Journal of Entomology 102: 241–264. Consultado o 22 de xuño de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Gunter, Nicole L.; Levkaničová, Zuzana; Weir, Tom H.; Ślipiński, Adam; Cameron, Stephen L.; Bocak, Ladislav (2014-10-01). "Towards a phylogeny of the Tenebrionoidea (Coleoptera)". Molecular Phylogenetics and Evolution (en inglés) 79: 305–312. ISSN 1055-7903. doi:10.1016/j.ympev.2014.05.028. 
  3. Hamilton, William J.; Seely, Mary K. (1976). "Fog basking by the Namib Desert beetle, Onymacris unguicularis". Nature (en inglés) 262 (5566): 284–285. ISSN 1476-4687. doi:10.1038/262284a0. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.