Supercopa de Europa 2021

A Supercopa de Europa 2021 foi a 46ª edición da Supercopa da UEFA, un partido de fútbol anual organizado pola UEFA e disputado polos gañadores dos dous principais campionatos de clubs europeos, a UEFA Champions League e a UEFA Europa League. O encontro deste ano contou coa presenza do Chelsea, vencedores da Champions League 2020-21, e mais do Villarreal, campións da Europa League 2020-21. Xogouse no Windsor Park de Belfast en Irlanda do Norte o 11 de agosto de 2021.

Supercopa de Europa 2021
O Windsor Park de Belfast.

Tras o tempo extra
o Chelsea gaña 6–5 nos penaltis

Data11 de agosto de 2021
Estadio Windsor Park, Belfast
Asistencia10.435 espectadores[1]
Árbitro Sergei Karasev[2]
Xogador do partidoEspaña Gerard Moreno[3]
TempoParcialmente nubrado
18 °C (64 °F)
59% de humidade[4]
Supercopa Europa 2020Supercopa Europa 2022

O Chelsea proclamouse campión tras vencer por 6–5 nos penaltis[5] despois dun empate a 1 que se mantivo durante o tempo extra, logrando a súa segunda Supercopa de Europa.[3]

Equipos participantes editar

Club Clasificación Participacións previas
  Chelsea Campións da UEFA Champions League 2020–21 4 (1998, 2012, 2013, 2019)
  Villarreal Campións da UEFA Europa League 2020–21 Debut

  • En letra negra - campións da edición

Selección da sede editar

 
O Windsor Park de Belfast.

O 28 de setembro de 2018 abriuse o proceso de selección da UEFA para escoller as sedes das finais da UEFA Champions League, UEFA Europa League e mais a UEFA Champions League Feminina de 2021. As asociacións tiveron ata o 26 de outubro de 2018 para manifestar o seu interese e ata o 15 de febreiro de 2019 para presentar os seus expedientes.

A UEFA anunciou o 1 de novembro de 2018 que catro asociacións expresaran o seu interese en albergar a Supercopa 2021,[6] e o 22 de febreiro de 2019 que as catro asociacións presentaran os seus expedientes dentro do prazo estabelecido.[7][8]

Asociacións interesadas na Supercopa da UEFA 2021
País Estadio Cidade Capacidade
  Belarús Estadio Dinamo Minsk 22.000
  Finlandia Estadio Olímpico Helsinqui 36.000
  Irlanda do Norte Windsor Park Belfast 18.434
  Ucraína Estadio Metalist Khárkiv 40.003

O Windsor Park acabou sendo seleccionado polo Comité Executivo da UEFA durante a súa reunión en Ljubljana, Eslovenia o 24 de setembro de 2019.[9][10] O estadio alberga os partidos do Linfield F. C. e da selección de fútbol de Irlanda do Norte.

Árbitros editar

O 6 de agosto de 2021, a UEFA nomeou o ruso Sergei Karasev como árbitro do encontro. Karasev é árbitro da FIFA dende 2010, e arbitrou previamente na Eurocopa 2016, no Mundial de Fútbol de 2018 e na Eurocopa 2020. Estivo acompañado dos compatriotas Igor Demeshko e Maksim Gavrilin como árbitros asistentes, mentres que o belaruso Aleksei Kulbakov foi designado como cuarto árbitro. Marco Fritz de Alemaña foi escollido como o encargado do VAR, xunto co polaco Paweł Gil e o italiano Massimiliano Irrati como árbitros asistentes. Filippo Meli foi elixido como árbitro asistente de reserva.[2]

Partido editar

Resumo editar

O Chelsea abriu o marcador tras 27 minutos de partido cando Hakim Ziyech conseguiu anotar na porteria un disparo dende sete metros grazas a un centro baixo desde a esquerda de Kai Havertz. Ziyech tivo que ser substituído por mor dunha mancadura no ombro xusto antes do descanso. Alberto Moreno lanzou unha volea á parte inferior do traveseiro no tempo extra da primeira parte. O Villarreal logrou empatar no minuto 73 cando Gerard Moreno marcou un gol cun remate clínico coa dereita á esquina superior esquerda da rede tras un lanzamento rápido de Boulaye Dia na dereita da área de penalti.[11] O encontro rematou indo a prórroga. O porteiro do Chelsea Édouard Mendy foi substituído no último minuto por Kepa Arrizabalaga. Kepa Arrizabalaga parou dous penaltis: o decisivo, tirado por Raúl Albiol abaixo e á dereita, permitiu ao Chelsea gañar por 6-5 na quenda de penaltis, proclamándose Supercampión de Europa.[5]

Detalles editar

  Chelsea 1 - 1
(Penaltis 6-5)
  Villarreal 11 de agosto de 2021, 21:00 (CEST) – Windsor Park, Belfast
Asistencia: 10.435 espectadores[1]
Árbitro:   Sergei Karasev
Ziyech   27'

Havertz  
Azpilicueta  
Alonso  
Mount  
Jorginho  
Pulisic  
Rüdiger  
Informe
  73' Moreno

  Gerard
  Mandi
  Estupiñán
  Gómez
  Raba
  Foyth
  Albiol
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Chelsea F.C.[4]


 
 
 
 
 
 
 
 
 
Villareal C.F.[4]


CHELSEA F.C.
PO 16   Édouard Mendy   119'
DF 15   Kurt Zouma   66'
DF 14   Trevoh Chalobah
DF 2   Antonio Rüdiger   44'
MC 20   Callum Hudson-Odoi   82'
MC 7   N'Golo Kanté (c)   65'
MC 17   Mateo Kovačić
MC 3   Marcos Alonso
DC 22   Hakim Ziyech   43'
DC 29   Kai Havertz
DC 11   Timo Werner   65'
Substitucións:
PO 1   Kepa Arrizabalaga   Nos penaltis   119'
DF 4   Andreas Christensen   66'
DF 6   Thiago Silva
DF 21   Ben Chilwell
DF 24   Reece James
DF 28   César Azpilicueta   82'
DF 33   Emerson
MC 5   Jorginho   65'
MC 10   Christian Pulisic   43'
MC 19   Mason Mount   65'
DC 9   Tammy Abraham
DC 12   Ruben Loftus-Cheek
Adestrador:
  Thomas Tuchel   45+1'
 
VILLARREAL C.F.
PO 1   Sergio Asenjo
DF 8   Juan Foyth
DF 3   Raúl Albiol (c)
DF 4   Pau Torres
DF 24   Alfonso Pedraza   58'
MC 14   Manu Trigueros   70'
MC 25   Étienne Capoue   70'
MC 18   Alberto Moreno   85'
DC 21   Yeremi Pino   61'   91'
DC 7   Gerard Moreno
DC 16   Boulaye Dia   85'
Substitucións:
PO 13   Gerónimo Rulli
DF 2   Mario Gaspar   70'
DF 12   Pervis Estupiñán   58'
DF 15   Jorge Cuenca
DF 20   Rubén Peña
DF 22   Aïssa Mandi   91'
MC 6   Manu Morlanes   85'
MC 10   Vicente Iborra
MC 17   Dani Raba   119'   85'
MC 23   Moi Gómez   70'
DC 9   Paco Alcácer
DC 34   Fer Niño
Adestrador:
  Unai Emery

Xogador do partido:
  Gerard Moreno[3]

Árbitros asistentes:[2]
  Igor Demeshko
  Maksim Gavrilin
Cuarto árbitro:[2]
  Aleksei Kulbakov
Árbitro asistente de reserva:[2]
  Filippo Meli
Árbitro VAR:[2]
  Marco Fritz
Árbitros asistentes do VAR:[2]
  Paweł Gil
  Massimiliano Irrati

Regras do partido[12]

  • 90 minutos
  • 30 minutos de tempo extra se fose necesario
  • Tiros de penalti se o marcador seguise igualado
  • Máximo de doce substitutos na banca
  • Máximo de tres substitucións, cun cuarto permitido na prórroga[nota 1]
 
Campión
Chelsea F.C.
2.º título

Estatísticas editar

Notas editar

  1. Cada equipo tivo só tres oportunidades para facer substitucións durante o tempo regulamentario, cunha cuarta oportunidade no tempo extra. Estas tres ventás de substitución exclúen as substitucións feitas no descanso, antes do comezo do tempo extra e no descanso no tempo extra.

Referencias editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Full Time Report Final – Chelsea v Villarreal" (PDF). UEFA.com. UEFA. 11 de agosto de 2021. Consultado o 11 de agosto de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 "Sergei Karasev to referee 2021 UEFA Super Cup match". UEFA. 6 de agosto de 2021. Consultado o 6 de agosto de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Chelsea 1–1 Villarreal (pens: 6–5): Kepa edges Blues to silverware". UEFA.com (UEFA). 11 de agosto de 2021. Consultado o 11 de agosto de 2021. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Tactical line-ups" (PDF). UEFA.com. UEFA. 11 de agosto de 2021. Consultado o 11 de agosto de 2021. 
  5. 5,0 5,1 "Chelsea 1 Villarreal 1 (6-5 on pens)". BBC Sport. 11 de agosto de 2021. Consultado o 12 de agosto de 2021. 
  6. "11 associations interested in hosting 2021 club finals". UEFA. 1 de novembro de 2018. 
  7. "9 associations bidding to host 2021 club finals". UEFA.com. 22 de febreiro de 2019. 
  8. "Match Press Kit" (PDF). UEFA.com. 10 de agosto de 2021. Consultado o 10 de agosto de 2021. 
  9. "2021 Super Cup to take place in Belfast". UEFA.com (UEFA). 24 de setembro de 2019. Consultado o 24 de setembro de 2019. 
  10. "UEFA Executive Committee agenda for Ljubljana meeting". UEFA.com (UEFA). 17 de setembro de 2019. Consultado o 17 de setembro de 2019. 
  11. "Kepa the hero as Chelsea beat Villarreal on penalties to win Uefa Super Cup". Guardian. 11 de agosto de 2021. Consultado o 12 de agosto de 2021. 
  12. "Regulations of the UEFA Super Cup, 2021". UEFA. 2021. Consultado o 30 de abril de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
Supercopa de Europa 2020
 
Supercopa de Europa

XLVI edición
Sucesor:
Supercopa de Europa 2022