Mateo Kovačić
Mateo Kovačić, nado o 6 de maio de 1994 en Linz (Austria), é un futbolista croata. Xoga de centrocampista e o seu actual club é o Chelsea FC da Premier League inglesa.
Mateo Kovačić | |||
---|---|---|---|
![]() Kovačić con Croacia en 2018. | |||
Información persoal | |||
Nome | Mateo Kovačić | ||
Nacemento | 6 de maio de 1994 (29 anos) | ||
Lugar de nacemento | Linz | ||
Altura | 1,78 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Chelsea | ||
Número | 8 | ||
Carreira xuvenil | |||
2000–2007 | LASK Linz | ||
2007–2010 | Dinamo Zagreb | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2010–2013 | Dinamo Zagreb | 43 | (6) |
2013–2015 | Inter de Milán | 80 | (5) |
2015–2019 | Real Madrid | 73 | (1) |
2018–2019 | → Chelsea (cedido) | 32 | (0) |
2019– | Chelsea | 19 | (1) |
Selección nacional | |||
2008 | Croacia sub-14 | 2 | (1) |
2008 | Croacia sub-15 | 2 | (0) |
2009–2011 | Croacia sub-17 | 15 | (0) |
2011–2012 | Croacia sub-19 | 6 | (0) |
2011–2014 | Croacia sub-21 | 7 | (0) |
2013– | Croacia | 56 | (1) |
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 29 de decembro de 2019. Selección: actualizado a 19 de novembro de 2019.[ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
Nado na cidade austríaca de Linz, Kovačić comezou a xogar nas categorías inferiores do LASK Linz antes de asinar polo GNK Dinamo Zagreb, onde comezou a adestrar co primeiro equipo en outubro de 2010.[1] Debutou coma profesional contra o Hrvatski Dragovoljac o 20 de novembro de 2010.[2]
O 31 de xaneiro de 2013, Kovačić fichou polo Inter de Milán a cambio de 15 millóns de euros.[3] Fixo o seu debut co equipo italiano tres días máis tarde contra o Siena, nun partido da Serie A.[4]
O 18 de agosto de 2013, anunciouse a fichaxe de Kovačić por seis tempadas polo Real Madrid CF da Primeira División Española, tras pagar o equipo branco preto de 30 millóns de euros.[5]
O 8 de agosto de 2018, Kovačić foi cedido unha tempada ó Chelsea FC da Premier League inglesa.[6] O 1 de xullo de 2019, Kovačić asinou co Chelsea un contrato por 5 anos.[7]
Notas editar
- ↑ "Mateo Kovačić od danas trenira sa seniorima Dinama: Plaši me nadimak Hrvatski Messi". Sportske novosti. 6 de outubro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2010. Consultado o 20 de novembro de 2010.
- ↑ Rupnik, Borna (20 de novembro de 2010). "I Kovačić strijelac u Dinamovoj šestici". Sportnet. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2012. Consultado o 20 de novembro de 2010.
- ↑ Taidelli, Luca (2 de febreiro de 2013). "Inter, Kovacic da 10, Maglia e calcio senza paura". La Gazzetta dello Sport. Consultado o 29 de agosto de 2014.
- ↑ Clari, Valerio (3 de febreiro de 2013). "Siena-Inter 3–1, Stramaccioni affonda sotto i gol di Sestu e Emeghara". La Gazzetta dello Sport. Consultado o 8 de abril de 2013.
- ↑ Kovacic ya es nuevo jugador blanco
- ↑ "Courtois and Kovacic deals agreed". chelseafc.com. 8 de agosto de 2018.
- ↑ "Mateo Kovacic joins Chelsea on a permanent deal". chelseafc.com. 1 de xullo de 2019.