Abrir o menú principal

Stravaganzza é unha formación musical española de metal gótico de orixe madrileña. Xurdiu a mediados do ano 2004 e nos seus inicios estivo composta por Pepe Herrero, Patricio Babasasa, Carlos Expósito, Fernando Martín, Rodrigo Calderón, Aroa Martín, Natalia Barrios (body painting), Noemí Pasca (bailarina) e o exvocalista de Saratoga, Leo Jiménez. O seu estilo de música poderíase clasificar como heavy metal de corte gótico, progresivo, e sinfónico, con influencias de metal extremo dos 90.

Stravaganzza
Stravaganzza.JPG
editar datos en Wikidata ]

Índice

HistoriaEditar

En 2004 estréanse con "Primer acto", o seu primeiro disco. Este ofrece cortes como "Dios Oveja negra" que ca son fixos nas presentacións en directo do grupo. En 2005 confírmanse como grupo revolución con "Sentimientos", un disco temático que vira ao redor das diferentes sensacións que vive o ser humano na súa vida. Estes dous discos foron gravados pola primeira formación: Edu Fernández, Dani Pérez, Leo Jiménez e Pepe Herrero.

En 2005 Dani Pérez inicia o que sería o seu novo proxecto coa banda Skizoo (á que tamén se uniría un ano despois Edu Fernández) e, co tempo, abandona Saratoga, a súa outra banda, debido á súa idea de querer dedicarse de pleno a Skizoo e Stravaganzza.

O 11 de marzo de 2006 dase a coñecer a noticia de que Dani e Edu, por problemas tanto de tempo como discográficos, non poden compaxinar a súa actividade entre ambas bandas e deciden deixar Stravaganzza. Isto anunciouse mediante un conciso comunicado que apareceu publicado na web oficial do grupo:

"Lamentamos comunicarvos que, por razóns axenas á banda, Dani Pérez e Edu Fernández teñen que abandonar Stravaganzza. En breve, teredes máis noticias nosas."[1]

Por mor dese anuncio comezaron a correr rumores sobre a separación do grupo, xa que Dani Pérez fora un dos emblemas do grupo pola súa calidade na batería. Con todo, tanto Leo como Pepe reaccionaron rápido e o día 31 de marzo anunciaron a incorporación de dous novos membros: Carlos Expósito, batería recomendado polo tristemente desaparecido Big Simon e Patricio Babasasa nos labores de baxista. Doutra banda, Rodrigo Calderón -violín- e Fernando Martín -teclados-, que acompañaran ao grupo durante as súas presentacións en directo, pasan a ser membros activos.

A mediados de maio, para demostrar que esta situación non era un "parche" senón algo estable, publican o seu terceiro traballo de estudo: "Hijo del miedo" Trátase dun EP que inclúe temas dos seus dous primeiros discos remezclados, por exemplo "Pasión" (versión orquestral) e "Dios" (regrabada pola nova formación), ademáis da exitosa canción "Hijo de la luna" (de Mecano) versión metal. En 2006 filman un anuncio para a empresa de roupa e calzado New Rock co tema "Soledad".[2] En xullo de 2006 empezan a xurdir os rumores de que Leo Jiménez abandonaría Saratoga en outubro para adicarse plenamente a Stravaganzza e poder pasar a facer xiras. Para 2007 está planeado o terceiro álbum de estudo da banda titulado "Tercer Acto". En novembro de 2006 confírmase a saída de Leo Jiménez de Saratoga para dedicarse plenamente a Stravaganzza.

O 24 de maio de 2007 saíu á luz o seu novo disco, o terceiro acto chamado "Réquiem". No tema "Hombre"colaboracon Molly,Cantante do grupo Hamlet. Outra impresionante versión dos anos 80, "Eloise" que fixo famosa o xenial Tino Casal, e un xiro a sons máis extremos, sen esquecer a contundencia metálica e os seus rexistros máis góticos.

En decembro de 2009 anuncian na súa web oficial que están no estudo gravando un novo álbum, que será o Cuarto Acto chamado "Raíces", mesmo que finalmente publicouse o 27 de abril de 2010.

A finais de setembro de 2010 anuncian un parón indefinido debido a problemas técnicos e de infraestrutura, asegurando que tarde ou cedo volverán.

Tras o parón de Stravaganzza, Leo Jiménez enfocouse nunha nova banda chamada 037 (logo renombrada como Zero3iete tras a súa saída) para posteriormente enfocarse nunha carreira en solitario, contando á batería con Carlos Expósito, e Pepe Herrero proseguiu coa súa carreira de compositor musical e colaborando coa cantante Mónica Naranjo.

O 30 de decembro de 2016 varios compoñentes do grupo anunciaron nas súas páxinas de Facebook unha posible volta de Stravaganzza.

O 12 de xaneiro de 2017 anúnciase no Facebook oficial da banda a volta do grupo

O 23 de setembro do 2017 fixeron o primeiro concerto en Madrid despois de volver

MembrosEditar

  • Leo Jiménez "A Besta": Voz, guitarra (2003-2010, 2017-presente)
  • Pepe Herrero: Guitarra, orquestación (2003-2010, 2017-presente)
  • Patricio Babasasa: Baixo (2006-2010, 2017-presente)
  • Carlos Exposito: Batería (2006-2010, 2017-presente)

Membros anterioresEditar

  • Dani Pérez: Batería (2003-2006)
  • Edu Fernández: Baixo (2003-2006)
  • Fernando Martín: Teclados (en vivo, 2007-2010)
  • Rodrigo Calderón: Violín (2007-2010)
  • Aroa Martín: Coros (2007-2010)

Liña de tempoEditar

 

DiscografíaEditar

  • Primeiro Acto (2004)
  • Sentimentos (Segundo Acto) (2005)
  • Fillo do medo (EP) (2006)
  • Requiem (Terceiro Acto) (2007)
  • Raíces (Cuarto Acto) (2010)
  • The Best Of... (Recompilatorio) (2010)

NotasEditar

Véxase taménEditar