Estérnidos
Estérnidos Sternidae | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Carrán ártico (Sterna paradisaea) | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||
|
A dos estérnidos,[1] (Sternidae) é unha familia de aves mariñas da orde dos caradriformes e suborde dos laros, que comprede numerosas especies coñecidas vulgarmente en galego como carráns,[1][2] e outras semellantes.
Taxonomía
editarDescrición
editarA familia foi descrita en 1838 polo naturalista francés Charles Lucien Bonaparte.
Etimoloxía
editarO nome científico Sternidae está formado, como é a norma, sobre a base do nome do se xénero tipo, Sterna, engadíndolle o sufixo do latín científico -idae, propio dos nomes das familias de animais.
Nota taxonómica
editarDiversos autores consideran actualmente (2019) á familia como unha subfamilia, a dos esterninos (Sterninae), da familia dos láridos.[3][4][5]
A orde dos caradriformes contén 18 familias de aves mariñas e limícolas. Dentro desta orde, os estérnidos forman unha liñaxe coas gaivotas e, de forma menos achegada, cos merdeiros ou papamerdas e os araos.[6][7] Os primeiros autores, como Conrad Gessner, Francis Willughby e William Turner, non separaron claramente aos carráns das gaivotas,[8] pero Linneo recoñeceu a súa distinción na 10ª edición do seu Systema Naturae (1758), colocando ás gaivotas no xénero Larus e aos carráns en Sterna. Deu para Sterna a descrición de rostrum subulatum, "bico de punzón", refiríndose aos bicos longos e afiados deste grupo de aves, característica que o distingue das gaivotas, que eñen o bico máis groso.[9][10][11] A morfoloxía e conduta dos carráns suxire que estes están relacionados máis cercanamente coas gaviotas que cos papamerdas e, aínda que Charles Lucien Bonaparte creara a familia Sternidae para os carráns en 1838, durante moitos aos consideráronse unha subfamilia, Sterninae, da familia das gaivotas, Laridae. As relacions entre varias das especies de carráns e outros caradriformes adoitaban ser difíciles de esclarecer, debido a un rexistro fósil pobre e á incorrecta identificación dalgúns descubrimentos.[12][13]
Despois dunha nova investigación xenética realizada a principios do século XXI, os carráns comezaron a tratarse como unha familia separada: Sternidae.[14][15] A maioría dos carráns tratábanse como un gran xénero, Sterna, con soamente algunhas especies colocadas noutros xéneros; xa en 1959, unicamente as especies de Anous e Larosterna inca excluíanse de Sterna.[16][17] Unha análise recente de secuencias de ADN deu base á división de Sterna en varios xéneros máis pequenos.[17][18] Un estudo de partes do citocromo b demostrou unha relación achegada entre os carráns e un grupo de aves limícolas dea suborde Thinocori.[19] Estes resultados opónense a outros estudos moleculares e morfolóxicos que poden ser interpretados como mostra dun alto grao de converxencia evolutiva entre os carráns e estas aves limícolas ou a retención dun xenotipo antigo.[14]
A palabra "stearn" era utilizada para estas aves en idioma anglosaxón desde o século VIII e aparece no poema O navegante, escrito no século IX ou antes. Variantes como "tearn" apareceron ao redor do século XIs.[8] Actualmente o vocábulo utiliízase tanto para o carrán común como para as especies mariñas.[20][21] Algunhas autoridades consideran que "tearn" e formas similares son variantes de "stearn",[8] mentraes que otraos establecen que as palabras derivan de voces inglesas para equivalentes escandinavos como terne do danés, tärna do sueco ou terna do noruegués e, finalmente, do nórdico antigo þerna.[22][23] Linneo adoptou "stearn" ou "sterna" (voces que foran utilizadas polo naturalista William Turner en 1544 como unha latinización dunha palabra inglesa, posibemente "stern"),[22][24] ou un equivalente do xermánico do norte para o nome do seu xénero Sterna.[25]
Xéneros
editarSegundo o ornitólogo e taxónomo Alan P. Peterson, a familia dos estérnidos (ou, máis espcificamente, a subfamilia dos esterninos) comprende os 12 xéneros seguintes:[3]
- Anous Stephens, 1826
- Procelsterna Lafresnaye, 1842
- Gygis Wagler, 1832
- Onychoprion Wagler, 1832
- Sternula F. Boie, 1822
- Phaetusa Wagler, 1832
- Gelochelidon Brehm, 1830
- Hydroprogne Kaup, 1829
- Larosterna Blyth, 1852
- Chlidonias Rafinesque, 1822
- Thalasseus F. Boie, 1822
- Sterna
Nota: moitos autores propuxeron que Anous e Procelsterna se fusiionases nun só xñenero, Anous, e que Procelsterna se considere como un sinónimo junior.[26]
Filoxenia
editarO seguinte cladograma mostra as relacións filoxenéticas entre os xéneros dos estérnidos. Baséase en estudos do ADN mitocondrial efectuados por Bridge et al. en 2005.[27]
Sternidae |
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nel pódese ver que está excluído o xénero Procelsterna
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Termo carrán en Digalego
- ↑ carrán no Dicionario da RAG.
- ↑ 3,0 3,1 Alan P. Peterson. "Birds of the World -- current valid scientific avian names." (en inglés). Consultado o 11 de decembro de 2019.
- ↑ Sterninae. Terns and noddys. Clasificación na ADW.
- ↑ Charranes. Subfamilia Sterninae en naturalista.
- ↑ Paton, Tara A; Baker, Allan J.; Groth, Jeffrey G.; Barrowclough, George F. (2003). "RAG-1 sequences resolve phylogenetic relationships within charadriiform birds". Molecular Phylogenetics and Evolution 29 (2): 268–278. PMID 13678682. doi:10.1016/S1055-7903(03)00098-8.
- ↑ van Tuinen, Marcel; Waterhouse, David M.; Dyke, Gareth J. (2004). "Avian molecular systematics on the rebound: a fresh look at modern shorebird phylogenetic relationships". Journal of Avian Biology 35 (3): 191–194. doi:10.1111/j.0908-8857.2004.03362.x.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 Hume (1993) pp. 12–13.
- ↑ Linnaeus, C. 1758, p. 84.
- ↑ Jobling, James A. 2010, p. 338.
- ↑ Brookes, Ian 2006, p. 1510.
- ↑ Gochfeld & Burger 1996, pp. 624–645.
- ↑ de Pietri, Vanesa L.; Costeur, Loïc; Güntert, Marcel; Mayr, Gerald (2011). "A revision of the Lari (Aves, Charadriiformes) from the early Miocene of Saint-Gérand-le-Puy (Allier, France)". Journal of Vertebrate Paleontology 31 (4): 812–828. doi:10.1080/02724634.2011.586663.
- ↑ 14,0 14,1 Paton, Tara A.; Baker, Allan J. (2006). "Sequences from 14 mitochondrial genes provide a well-supported phylogeny of the Charadriiform birds congruent with the nuclear RAG-1 tree". Molecular Phylogenetics and Evolution 39 (3): 657–667. PMID 16531074. doi:10.1016/j.ympev.2006.01.011.
- ↑ Thomas, Gavin H.; Wills, Matthew A.; Székely, Tamás (2004). "A supertree approach to shorebird phylogeny". BMC Evolutionary Biology 4: 28. PMC 515296. PMID 15329156. doi:10.1186/1471-2148-4-28.
- ↑ Moynihan, M. (1959). "A revision of the family Laridae". American Museum Novitates 1928: 1–42.
- ↑ 17,0 17,1 Collinson, M. (2006). "Splitting headaches? Recent taxonomic changes affecting the British and Western Palaearctic lists". British Birds 99 (6): 306–323.
- ↑ Bridge, Eli S.; Jones, Andrew W.; Baker, Allan J. (2005). "A phylogenetic framework for the terns (Sternini) inferred from mtDNA sequences: implications for taxonomy and plumage evolution" (PDF). Molecular Phylogenetics and Evolution 35: 459–469. PMID 15804415. doi:10.1016/j.ympev.2004.12.010. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de abril de 2016. Consultado o 11 de decembro de 2019.
- ↑ Thomas, Gavin H.; Wills, Matthew A.; Székely, Tamás (2004). "Phylogeny of shorebirds, gulls, and alcids (Aves: Charadrii) from the cytochrome-b gene: parsimony, Bayesian inference, minimum evolution, and quartet puzzling". Molecular Phylogenetics and Evolution 30 (3): 521–526. doi:10.1016/S1055-7903(03)00222-7.
- ↑ Jobling, James A. 2010, p. 365.
- ↑ Lockwood, W. B. 1984, pp. 147-153.
- ↑ 22,0 22,1 Oxford English Dictionary online (2002) "Tern"
- ↑ Merriam-Webster (2014)
- ↑ Turner 1544, p. 78.
- ↑ Linnaeus, C 1758, p. 155.
- ↑ Cibois, A.; Thibault, J.-C.; Rocamora, G.; Pasquet, E. (2016). "Molecular phylogeny and systematics of Blue and Grey Noddies (Procelsterna)". Ibis 158: 433–438. doi:10.1111/ibi.12363.
- ↑ Bridge, Eli S.; Jones, Andrew W. & Baker, Allan J. (2005): "A phylogenetic framework for the terns (Sternini) inferred from mtDNA sequences: implications for taxonomy and plumage evolution". Molecular Phylogenetics and Evolution 35 (2): 459–469.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Estérnidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Estérnidos |
Bibliografía
editar- Brookes, Ian (editor-in-chief) (2006). The Chambers Dictionary, ninth edition. Edinburgh: Chambers. ISBN 0-550-10105-5.
- Gochfeld, M; Burger, J. "Family Sternidae (Terns)" pp. 624–667 in del Hoyo, Josep; Elliott, Andrew; Sargatal, Jordi (editors) (1996). Handbook of Birds of the World. 3: Hoatzin to Auks. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-87334-20-7.
- Hume, Rob (1993). The Common Tern. London: Hamlyn. ISBN 0-540-01266-1.
- Jobling, James A. (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names (PDF). London: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4.
- Linnaeus, C. (1758). Systema naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Tomus I. Editio decima, reformata. (en latín). Holmiae [Stockholm]: Laurentii Salvii.
- Lockwood, W. B. (1984). Oxford Book of British Bird Names. Oxford: Oxford University Press. ISBN 0-19-214155-4.
- Merriam-Webster (2014). "Tern - Definition and More from the Free Merriam-Webster Dictionary". Encyclopædia Britannica. Consultado o January 11, 2014.
- Turner, William (1544): Turner on Birds (Auium præcipuarum, quarum apud Plinium et Aristotelem mentio est, breuis et succincta historia). Evans, A. H. edit. 1903. Cambridge: Cambridge University Press (Cita: huius generis est & alia parua auis, nostrati lingua sterna apellata).