Francis Willughby
Francis Willughby, nado en Middleton Hall (Warwickshire) o 22 de novembro de 1635 e finado o 3 de xullo de 1672, foi un ornitólogo e ictiólogo inglés.
Francis Willughby | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 22 de novembro de 1635 |
Lugar de nacemento | Warwickshire |
Falecemento | 3 de xullo de 1672 |
Lugar de falecemento | Wollaton Hall |
Causa | tuberculose |
Soterrado | Church of St John the Baptist, Middleton |
Nacionalidade | Inglaterra |
Alma máter | Trinity College, Universidade Harvard e Bishop Vesey's Grammar School |
Ocupación | ornitólogo, ictiólogo e naturalista |
Pai | Sir Francis Willoughby |
Nai | Lady Cassandra Ridgeway |
Cónxuxe | Emma Barnard |
Fillos | Cassandra Willoughby, Duquesa de Chandos, Thomas Willoughby, 1.º Barão de Middleton e Sir Francis Willoughby, 1st Bt. |
Coñecido por | Ornithologia libri tres |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo de Sir Francis Willughby, estudou no colexio de Sutton Coldfield e no Trinity College, Cambridge.
En Cambridge foi alumno de John Ray. En 1662 ambos viaxaron á costa oeste de Inglaterra para estudar o aniñamento das aves mariñas. Entre 1663 e 1666 percorreron Europa xuntos, viaxando a través de Holanda, Alemaña, Suíza e Italia. En Nápoles separáronse e Willughby volveu a través de España. Ao volver a Inglaterra fixeron plans para publicar os seus estudos. Willughby morreu durante a preparación do traballo pero Ray publico a obra de Willughby Ornithologia libri tres en 1676, cunha edición en inglés dous anos despois. Este traballo considérase o comezo da ornitoloxía científica en Europa, revolucionando a taxonomía ao organizar as especies de acordo coas súas características físicas. Ray tamén publicou a obra de Willughby De Historia piscium (1686).
En 2003 o estudo científico dos xogos foi publicado (co nome de Francis Willughby's Book of Games) facendo dispoñible para o gran público por primeira vez unha descrición detallada dun conxunto de xogos do século XVII. Esta foi a primeira obra deste estilo en inglés e é comparable á obra Libro dos xogos.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Francis Willughby |