Sterling Hayden

actor estadounidense

Sterling Walter Hayden, nado como Sterling Relyea Walter[1][2] en Upper Montclair (Nova Jersey) 26 de marzo de 1916 e finado en Sausalito (California) o 23 de maio de 1986, foi un actor estadounidense.

Infotaula de personaSterling Hayden

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Sterling Relyea Walter Editar o valor em Wikidata
26 de marzo de 1916 Editar o valor em Wikidata
Montclair, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte23 de maio de 1986 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Sausalito, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de próstata Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónoficial , actor de xénero , actor de televisión , autobiógrafo , novelista , actor de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1941 Editar o valor em Wikidata - 1982 Editar o valor em Wikidata
EmpregadorOffice of Strategic Services (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista dos Estados Unidos da América (pt) Traducir (1946–1946) Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoWéstern Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarCorpo de Fuzileiros Navais dos Estados Unidos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoSegunda guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMadeleine Carroll (pt) Traducir (1942–1946) Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0001330 Allocine: 1571 Rottentomatoes: celebrity/sterling_hayden Allmovie: p31197 TCM: 83248
WikiTree: Walter-5661 Find a Grave: 6599390 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Sterling Walter naceu en Nova Jersey, fillo de George e Frances Walter. Despois da morte do seu pai, foi adoptado aos nove anos por James Hayden, pasando a chamarse Sterling Walter Hayden. De neno viviu en New Hampshire, Massachusetts, Pensilvania, Washington, D.C. e Maine.[3] Neste último estado, estudou na escola Wassookeag de Dexter.

Hayden era un aventureiro e un home de acción, sen nada que envexar ás personaxes que despois interpretou no cinema. Aos dezaseis anos deixou os estudos para traballar nun barco[4] para ver mundo, converténdose en pescador nos grandes bancos de Terra Nova. Máis tarde, traballou como mariñeiro, dando a volta ao mundo varias veces.

Na década de 1940, Hayden converteuase en modelo e pouco despois asinou un contrato con Paramount Studios.[5] No seu primeiro filme coñeceu a Madeleine Carroll, da que se namorou e coa que casou. Porén, despois dun par de filmes, deixou Hollywood para servir como axente secreto baixo a dirección de William J. Donovan na OSS.[6][7][8] Hayden alistouse no Corpo de Marines co nome de "John Hamilton" (nunca o seu nome real). Os seus servizos na segunda guerra mundial incluíron o asesoramento técnico aos partisanos iugoslavos e como paracaidista en Croacia. Recibiu a Estrela de Prata e un recoñecemento pola Iugoslavia do mariscal Tito.[9]

A súa admiración polos comunistas converteuno en membro do Partido Comunista dos Estados Unidos por un breve período.[10] Segundo a súa biografía, na "caza de bruxas" colaborou co Comité sobre Actividades Antiamericanas, confesando os nomes dos seus vencellos dentro do partido.[11] A súa muller daquela, Betty Denoon, defendeu o seu marido argumentando que os nomes que citara xa estaban nas mans do Comité, que tiña unha copia da listaxe dos membros do Partido Comunista. En calquera caso, Hayden rexeitou a súa propia colaboración co maccarthismo[11] e, segundo algúns, sentiuse tan culpable que caeu no alcoholismo.

Nese momento, Hayden comezou a súa época dourada no cinema, sendo xa recoñecida a súa figura. Así, protagonizou filmes salientábeis como A xungla do asfalto, de John Huston, Johnny Guitar, de Nicholas Ray ou Atraco perfecto de Stanley Kubrick. Aquela década dourada dos anos 50 rematou co divorcio da súa esposa Betty Denoon. O veredicto do xuízo outorgou ao actor a custodia dos catro fillos da parella: Christian, Dana, Gretchen e Matthew.[12]

Nos anos sesenta casou con Catherine Devine McConnell, coa que compartiu a vida ata a súa morte e coa que tivo dous fillos, Andrew e David. Nese momento, Hayden retirouse do cine, vivindo no seu barco e escribindo a súa autobiografía, Wanderer, que se publicou en 1963. Na década de 1970 apareceu no papel do capitán McCluskey en O padriño e máis tarde continuou a súa carreira televisiva na cadea NBC, con The Tomorrow Show, con Tom Snyder. En 1976 participou na ambiciosa produción de Bernardo Bertolucci Novecento e en 1980 coincidiu con Jane Fonda na comedia de éxito 9 to 5.

Arredor de 1969, Hayden comprou un barco nos Países Baixos e viviu entre París, Connecticut e o seu apartamento de Sausalito, California. En 1976 publicou a súa novela Voyage: A Novel of 1896.

Faleceu de cancro de próstata en Sausalito en 1986, aos 70 anos.[4]

Filmografía editar

Notas editar

  1. Hayden, Sterling (1964). Wanderer. Bantam. ISBN 978-1-57409-048-2, pp. 65-66, 76
  2. United States Census for 1920, Montclair Town, Essex County, New Jersey, Sheet 6B
  3. "Sterling Hayden Gives Up Sailing, Settles For Movie Career, Family". Toledo Blade. 14 de xaneiro de 1951. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2013. Consultado o 8 de outubro de 2009. 
  4. 4,0 4,1 Krebs, Albin (24 de maio de 1986). "Sterling Hayden Dead at 70; an Actor, Writer and Sailor". The New York Times. Consultado o 13 de agosto de 2017. 
  5. "Mariner to Sail Film Seas". The Christian Science Monitor. 9 de maio de 1940. p. 14. 
  6. "Chef Julia Child, others, part of World War II spy network". CNN.com. Associated Press. 14 de agosto de 2008. Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2008. Consultado o 22 de marzo de 2021. 
  7. Schlesinger, Robert (20 de agosto de 2008). "Arthur Schlesinger Jr.'s Not-So-Secret Career as a Spy". US News and World Report. Consultado o 8 de outubro de 2009. 
  8. Schuon, Karl (1963). U. S. Marine Corps Biographical Dictionary. Watts. pp. 99–100. OCLC 1360534. 
  9. "Yugoslavs Reward Sterling Hayden in Toting Guns to Tito". The Washington Post. Associated Press. 16 de febreiro de 1946. p. 9. 
  10. "Sterling Hayden Was a Red; 'Stupidest Thing I Ever Did'". -New York Times. 11 de abril de 1951. p. 1. 
  11. 11,0 11,1 Hayden 1998, pp. 65–66, 76, 354
  12. "HOLLYWOOD: To Break Out". Time (Nova York). 9 de febreiro de 1959. Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2011. Consultado o 6 de xullo de 2010. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar