Stenodus nelma
Stenodus nelma | |||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Stenodus nelma, pescado no curso medio do río Obi | |||||||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||||||
Stenodus nelma (Pallas, 1773) | |||||||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||||||
|
Stenodus nelma é unha especie de peixe osteíctio da familia dos salmónidos, subfamilia dos coregoninos, unha das dúas comprendidos no xénero Stenodus.[2][3][4]
Taxonomía
editarDescrición
editarA eslopecie foi descrita en 1773 polo médico, zoólogo e botánico alemán, que traballou en Rusia, Peter Simon Pallas, baixo o nome de Salmo nelma.[2][3][4]
Sinónimos
editarAdemais de polo nome actualmente válido, a especie coñecuese tamén polos sinónimos:[2][3][4]
- Salmo nelma Pallas, 1773 (protónimo)
- Stenodus leucichthys nelma (Pallas, 1773)
Nota taxonómica
editarStenodus nelma foi considerada anteriormente como unha subespecie de Stenodus leucichthys (Stenodus leucichthys nelma). Stenodus leucichthys é unha especie euroasiática restrinxida á conca do mar Caspio, e hoxe extinta en estado salvaxe, pero que continúa viva en catividade.[1][5]
Distribución
editarStenodus nelma é unha especie de peixe anádromo que está moi estendida nos ríos árticos, desde a península de Kola (conca do mar Branco) cara ao leste a través de Siberia até o río Anádyr, e tamén nas concas norteamericanas dos ríos Yukón e Mackenzie,[1][6][7] pero as súas poboacións están diminuíndo nalgúnhas destas zonas pola sobrepesca (é unha especie comercial) e a polución.[1]
Bioloxía
editarStenodus nelma habita na zona peláxica do mar con salinidade de até 20 ppt. Vive en ríos grandes e lagos das terras baixas. Prefire augas frías con temperaturas inferiores aos 16 °C. Aliméntase e inverna nos tramos máis baixos dos grandes ríos, deltas, rías e mar, ás veces lonxe da costa. Anádromo ou semianádromo, emprende a migración para desovar nos ríos, movéndose río arriba até longas distancias. As poboacións dos lagos migran cara aos afluentes. Os xuvenís depredan pequenos crustáceos, larvas de insectos e peixes pequenos, pasando a ser exclusivamente piscívoros cando alcanzan uns 30 cm de lomxituide. Aliméntase activamente de todos os peixes dispoñíbeis. A desova ten lugar en augas pouco profundas (de 2 a 3 m) con fondos de area e grava.[6]
Ameazas
editarA especie está localmente ameazada pola sobrepesca e a contaminación.[1]
Estado de conservación
editarA Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, considerando que é unha especie moi estendida, e aínda que as poboacións nos ríos europeos e siberianos están a diminuír debido á sobrepesca e á contaminación, pero non a un ritmo que permita cualificar a especie como ameazada ou case ameazada, polo que cualifica o seu staus como LC (pouco peocupante).[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Freyhof, J. & Kottelat, M. (2008). Stenodus nelma na Lista vermella da UICN. Versión 2021-3. Consultada o 15 de marzo de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Stenodus nelma (Pallas, 1773) no WoRMS. Consultado o 15 de marzo de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Stenodus nelma (Pallas, 1773) no GBIF. Consultado o 15 de marzo de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Stenodus nelma (Pallas, 1773) na BioLib. Consultada o 15 de marzo de 2022.
- ↑ Belyaeva, E. S.: "Stenodus leucichthys leucichthys" en caspianenvironment.org. Arquivada desde o orixinal o 3 de xullo de 2013. Consultada o 15 de marzo de 2022.
- ↑ 6,0 6,1 Kottelat & Freyhof 2007.
- ↑ Froese & Pauly 2013.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Stenodus nelma |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Stenodus nelma |
Bibliografía
editar- Froese, Rainer & Pauly, Daniel, eds. (2013): "Stenodus nelma" Arquivado 15 de marzo de 2022 en Wayback Machine. en FishBase.
- Kottelat, M. & Freyhof, J. (2007): Handbook of European Freshwater Fishes. Cornol, Xura, Suíza: Publications Kottelat. ISBN 978-2-8399-0298-4.
- Nelson, J. (2006): Fishes of the World, 4ª edición. Nova York: John Wiley and Sons. ISBN 978-0-4712-5031-9.