Río Mackenzie
O río Mackenzie é un río do Canadá, de 4.241 km de lonxitude, que, conxuntamente cos ríos que desembocan no Gran Lago do Escravo, os ríos Peace e Finlay, forman o segundo sistema fluvial máis longo de Norteamérica. A súa conca hidrográfica cobre 1.805.200 km² e na súa desembocadura deixa no mar 9.700 m³ de auga por segundo. Este río desemboca no Océano Glaciar Ártico.
Río Mackenzie | |
---|---|
![]() A conca do Mackenzie cando comeza a conxelarse | |
País | ![]() |
Nacemento | Gran Lago do Escravo (Territorios do Noroeste) |
Lonxitude | 4.241 km |
Conca | 1.805.200 |
Caudal medio | até 9.700 m³/s |
Desembocadura | Mar de Beaufort, Océano Ártico |
Conca do río Mackenzie | |
Co seu curso é o segundo maior río da América do Norte, superado polo río Mississippi, e o 11º do mundo. É navegábel en apenas cinco meses do ano, sendo que a súa superficie conxela en outubro (coa aproximación do inverno, até maio, co inicio da primavera.
Recibiu o seu nome na honra ao explorador Alexander MacKenzie (1764-1820), que en 1789 explorou a zona en busca do Paso do Noroeste.
![]() |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |