Spiashchaia krasavitsa

A Bela Dormente, Op 66 (en ruso: Спящая красавица, "Spiashchaia krasavitsa") é un ballet en 3 actos mais un prólogo con música de Petr Ilich Chaikovskii.

Spiashchaia krasavitsa

Tipoobra dramático-musical Editar o valor en Wikidata
Forma artísticaballet Editar o valor en Wikidata
Autoría
Compositor/aPetr Iich Chaikovskii Editar o valor en Wikidata
Coreógrafo/aMarius Petipa Editar o valor en Wikidata
LibretistaIvan Vsevolozhsky (en) Traducir e Marius Petipa Editar o valor en Wikidata
Opus66 Editar o valor en Wikidata
Temática
Baseado enThe Beauty Sleeping in the Wood (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Publicación
Data estrea3 de xaneiro de 1890 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Lugar estreaTeatro Mariinski (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ligazóns
RedesIMSLP: The_Sleeping_Beauty_(ballet),_Op.66_(Tchaikovsky,_Pyotr) Allmusic: mc0002372905 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

Argumento

editar

A historia desenvólvese en Europa durante o Barroco.

Prólogo

O rei Florestán XXIV e maila raíña convidaron as fadas ao bateo da súa filla, a princesa Aurora. A celebración é interrompida pola chegada de Carabosse, a Fada Malvada. Furiosa por non ser convidada, profire un meigallo contra ela: en cumprindo dezaseis ano picará o dedo co fuso dunha roca e morrerá. A Fada das Lilas, que aínda non entregara o seu don, promete que Aurora non morrerá, senón que se sumirá nun sono profundo, do que espertará polo beixo dun príncipe.

Acto primeiro

É o décimo sexto aniversario da princesa Aurora e catro príncipes chegados de terras alongadas a pretenden. Descóbrese a tres mulleres con agullas de tecer, cando todas as agullas e alfinetes foran prohibidos, polo que o rei Florestán condénaas á morte. A raíña implora piedade, xa que é o aniversario da princesa, e o rei transixe. Unha vella entrega a Aurora un fuso, co que pica o dedo e perde o acordo. Tirado o disfrace, a vella revélase como Carabosse e despois de lembrar a todos o seu feitizo, retírase. A Fada das Lilas lanza un esconxuro que some no sono a todo o mundo e provoca que medre un bosque mesto ao redor do palacio.

Acto segundo

Andados cen anos, o príncipe Florimund está a cazar no bosque con membros da súa corte. O grupo albisca un cervo e vaille atrás, deixando o príncipe taciturno e a cismar cun amor ideal. Aparece a Fada das Lilas e amósalle a imaxe da princesa nunha visión. Florimund implora que o leve onda ela. Fóra das portas do palacio atópanse con Carabosse, mais a Fada das Lilas escorréntaa. Ao final, o príncipe Florimund esperta a princesa Aurora cun bico: rompe o feitizo, Carabosse é derrotada e todos acordan de volta á vida.

Acto terceiro

No salón do palacio celébrase a voda da princesa Aurora co príncipe Florimund, á que acoden diversos personaxes que bailan para eles: o Gato con Botas coa Gata Branca, a princesa Florine co Paxaro Azul, Carapuchiña co Lobo e Cincenta co príncipe. A Fada das Lilas beice o casamento.

Véxase tamén

editar



 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.