Soiuz MS-15

misión do programa espacial Soiuz

Soiuz MS-15 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 25 de setembro de 2019 mediante o último foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4][5]

Soiuz MS-15
A Soiuz MS-15 partindo da ISS.
TipoTripulada
Data de lanzamento25 de setembro de 2019[1][2][3]
Foguete portadorSoiuz FG[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][5]
Regreso17 de abril de 2020[1]
NSSDC ID2019-064A

Características editar

Soiuz MS-15, unha Soiuz modelo MS cos cosmonautas Oleg Skripochka, Jessica Meir e Hazzaa Ali Almansoori a bordo (a tripulación de respaldo eran Sergei Rizhikov, Thomas Marshburn e Sultan Al-Neyadi), foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. A Soiuz chegou á estación seguindo unha traxectoria rápida de seis horas e media, acoplándose ao módulo Zvezda e coa tripulación uníndose aos membros das Soiuz MS-12 e MS-13 xa a bordo. O asento de Almansoori foi movido da Soiuz MS-15 á MS-12, xa que volvería nesta nave.[2][3][4][5]

Tras 205 días en órbita, a Soiuz MS-15 desacoplouse do módulo Zvezda o 17 de abril de 2020 con Skripochka e Meir a bordo. A Soiuz 15 aterrou a 147 km ao sueste da cidade de Dzhezkazgan (Casaquistán).[2][3][4][5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 N2YO (2021). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ MS-15" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2024. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (28 de outubro de 2022). "Soyuz MS-15" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2024. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Note verbale dated 17 October 2019 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (19-10591 (E)). 30 de outubro de 2019: 2. Consultado o 6 de febreiro de 2024. [Ligazón morta]
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz-MS 01 - 20 (11F732A48)" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2024. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Anatoly Zak (28 de xaneiro de 2024). "Final Soyuz-FG rocket delivers ISS crew" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar