Thomas Marshburn

físico e astronauta estadounidense

Thomas Henry "Tom" Marshburn, nado en Statesville, Carolina do Norte, o 29 de agosto de 1960, é un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-127 e Soiuz TMA-07M e foi membro das expedicións 34 e 35 á Estación Espacial Internacional.[1][2]

Thomas Marshburn
Datos persoais
Nacemento29 de agosto de 1960
LugarStatesville
Actividade
MisiónsSTS-127, Soiuz TMA-07M e SpaceX Crew-3
Tempo no espazo161,29 días
PremiosMedalla de Servizo Distinguido da NASA
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Marshburn graduouse en física pola facultade Davidson en 1982 e é máster en enxeñaría física pola Universidade de Virxinia en 1984. Ten un doutoramento en medicina pola Universidade Wake Forest 1989 e é máster en ciencias médicas pola Rama Médica da Universidade de Texas en 1997.[1][2]

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en maio de 2004, participando nas misións STS-127 e Soiuz TMA-07M e sendo membro das expedicións 34 e 35 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 161,29 días no espazo.[1][2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Marshburn, Thomas Henry 'Tom'" (en inglés). Consultado o 7 de setembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (4 de agosto de 2017). "Thomas H. Marshburn (M.D.) NASA Astronaut" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2017. Consultado o 7 de setembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar