Soiuz MS-13
Soiuz MS-13 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 20 de xullo de 2019 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4][5]
Soiuz MS-13 | |
---|---|
A Soiuz MS-13 acoplada ao módulo Poisk. | |
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 20 de xullo de 2019[1][2][3] |
Foguete portador | Soiuz FG[2][4] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][5] |
Regreso | 6 de febreiro de 2020[1] |
NSSDC ID | 2019-041A |
Características
editarSoiuz MS-13, unha Soiuz modelo MS cos cosmonautas Aleksandr Skvortsov, Luca Parmitano e Andrew Morgan a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. A Soiuz chegou á estación seguindo unha traxectoria rápida de seis horas e media, acoplándose ao módulo Zvezda e coa tripulación uníndose aos membros da Expedición 59, Aleksei Ovchinin, Christina Hammock Koch e Nick Hague. Despois da marcha da Soiuz MS-12 comezou oficialmente a Expedición 60 cos membros da Soiuz MS-13. O 25 de agosto de 2019 a nave foi recolocada, pasando a ocupar o porto do módulo Poisk debido ao problema de acoplamento da Soiuz MS-14 o día anterior, problema con orixe o sistema de acoplamento automático Kurs-P situado no módulo Poisk. A recolocación da Soiuz MS-13 fíxose de maneira manual, sen necesitar o sistema automático, polo que non foi afectado pola súa avaría. A Soiuz MS-14 conseguiu acoplarse automaticamente ao porto do módulo Zvezda ocupado previamente pola MS-13.[2][3][4][5]
Tras 201 días en órbita, a Soiuz MS-13 desacoplouse do módulo Poisk o 6 de febreiro de 2020 con Skvortsov, Parmitano e Christina Hammock-Koch a bordo (esta última chegada na Soiuz MS-12), con Morgan quedando na estación. A Soiuz 13 aterrou a 146 km ao sueste da cidade de Dzhezkazgan (Casaquistán).[2][3][4][5]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2021). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ MS-13" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2024.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (28 de outubro de 2022). "Soyuz MS-13" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2024.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Note verbale dated 15 August 2019 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (19-09064 (E)). 30 de agosto de 2019: 2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de febreiro de 2024. Consultado o 2 de febreiro de 2024.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz-MS 01 - 20 (11F732A48)" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2024.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Anatoly Zak (28 de xaneiro de 2024). "Soyuz MS-13 mission" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2024.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Soiuz MS-13 |