Aleksandr Skvortsov
cosmonauta ruso
Aleksandr Aleksandrovich Skvortsov, nado en Schelkovo (rexión de Moscova) o 6 de maio de 1966, é un cosmonauta ruso que formou parte das misións Soiuz TMA-18, Soiuz TMA-12M e Soiuz MS-13 e foi membro das expedicións 23, 24, 39, 40, 60 e 61 á Estación Espacial Internacional.[1][2]
Traxectoria
editarSkvortsov graduouse na Escola Militar de Aviación de Stavropol en 1987 e en 1997 na Facultade de Aviación da Academia Militar AAD. Foi seleccionado como cosmonauta en 1997, adestrando entre o 16 de xaneiro de 1998 e o 26 de novembro de 1999. Partipou nas misións Soiuz TMA-18, Soiuz TMA-12M e Soiuz MS-13, sendo membro das expedicións 23, 24, 39, 40, 60 e 61 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 345,27 días no espazo.[1][2]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Mark Wade (2021). "Skvortsov, Aleksandr Aleksandrovich Jr" (en inglés). Consultado o 2 de maio de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 Energia, ed. (agosto de 2013). "Aleksandr Aleksandrovich SKVORTSOV" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2021. Consultado o 2 de maio de 2021.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aleksandr Skvortsov |