Soiuz TMA-12M
Soiuz TMA-12M foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 25 de marzo de 2014 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4]
Soiuz TMA-12M | |
---|---|
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 25 de marzo de 2014, 21:17 GMT[1][2][3] |
Foguete portador | Soiuz FG[2][4] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][5] |
Duración da misión | 169,21 días[5] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][5] |
Regreso | 11 de abril de 2014, 2:23 GMT[1][5] |
NSSDC ID | 2014-013A |
Masa | 7200 kg[5] |
Características
editarSoiuz TMA-12M, unha Soiuz modelo TMA-M cos cosmonautas Oleg Artemiev, Aleksandr Skvortsov e Steven Swanson a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e facer experimentos e mantemento durante un período de seis meses. A nave acoplouse ao módulo de investigación Poisk (MRM2, Mini Research Module 2) cun atraso dun día debido a un problema de software e regresou o 11 de setembro de 2014 ás 2:23 GMT. Na nave ía o facho olímpico dos Xogos Olímpicos de Inverno de 2014 que tiveron lugar en Sochi (Rusia).[2][3][4]
A tripulación de respaldo da Soiuz TMA-12M estaba formada por Aleksandr Samokutiaiev, Elena Serova e Barry Wilmore.[5][2]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ-TMA 12M" (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (27 de abril de 2021). "Soyuz-TMA 12M" (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 12 May 2014 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (14-04242 (E)). 24 de xuño de 2014: 2. Consultado o 5 de xullo de 2021.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz-TMA 01M - 20M (7K-STMA, 11F732A47)" (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2021.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Mark Wade (2021). "Soyuz TMA-12M" (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2021.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Soiuz TMA-12M |