Steven Swanson

enxeñeiro e astronauta estadounidense

Steven Roy Swanson, nado en Syracuse, Nova Jersey, o 3 de decembro de 1960, é un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-119, STS-117 e Soiuz TMA-12M e que formou parte das expedicións 39 e 40 á Estación Espacial Internacional.[1][2]

Steven Swanson
Datos persoais
Nacemento3 de decembro de 1960
LugarSyracuse
Actividade
MisiónsSoiuz TMA-12M, Expedição 39, Expedição 40, STS-119 e STS-117
Tempo no espazo195,87 días
PremiosMedalla de Servizo Distinguido da NASA
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Swanson graduouse en enxeñaría física pola Universidade de Colorado e é máster en ciencias aplicadas a sistemas de computación pola Universidade Atlántica de Florida.[1][2]

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en maio de 1998, participando nas misións STS-119, STS-117 e Soiuz TMA-12M e formando parte das expedicións 39 e 40 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 195,87 días no espazo.[1][2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2022). "Swanson, Steven Ray 'Swanny'" (en inglés). Consultado o 20 de xaneiro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (febreiro de 2016). "STEVEN R. SWANSON NASA ASTRONAUT" (PDF) (en inglés). Consultado o 20 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar