Soiuz MS-14

misión do programa espacial Soiuz

Soiuz MS-14 foi unha misión espacial non tripulada rusa lanzada o 22 de agosto de 2019 mediante un foguete Soiuz 2-1a desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4][5]

Soiuz MS-14
A Soiuz MS-14 aproximándose á ISS no seu primeiro intento.
TipoTripulada
Data de lanzamento22 de agosto de 2019[1][2][3]
Foguete portadorSoiuz 2-1a[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][5]
Regreso7 de setembro de 2019[1]
NSSDC ID2019-055A

Características editar

Soiuz MS-14, unha Soiuz modelo MS, foi unha misión lanzada sen tripulación para acoplarse automaticamente coa Estación Espacial Internacional. Foi a primeira Soiuz en voar sen tripulación en 33 anos co motivo de certificar o novo foguete Soiuz 2-1a como lanzador para misións tripuladas. O mesmo lanzador tivo un problema no ano 2015 ao enviar ao espazo a nave de carga Progress M-27M. A misión sen tripulación foi unha oportunidade tamén para probar novos sistemas na nave Soiuz. En lugar da tripulación ademais enviouse un robot denominado FEDOR capaz dalgunhas accións autónomas e de replicar os movementos dun operador.[2][3][4][5]

A Soiuz achegouse á ISS nunha traxectoria de dous días de duración para acoplarse co módulo Poisk. O acoplamento iniciouse de maneira automática, como estaba previsto, pero abortouse aos 60 m de distancia ao observarse evidentes problemas para a Soiuz MS-14 á hora de fixar o porto de acoplamento. A nave foi posta nunha órbita de seguridade tras a ISS e despois de varias probas decidiuse intentar o acoplamento o 26 de agosto. A orixe do problema foi trazada ata un compoñente defectuoso no sistema Kurs-P do módulo Poisk, que debía ter proporcionado á Soiuz MS-14 sinais para guiala adecuadamente. O control de terra decidiu acoplar a MS-14 ao módulo Zvezda, co seu sistema Kurs-P funcionando ben, para o cal a Soiuz MS-13 tivo que recolocarse manualmente no módulo Poisk. Ao segundo intento a MS-14 aliñouse correctamente co porto e acabou atracando sen problemas cos seus 670 kg de carga para a estación.[2][3][4][5]

Tras 17 días acoplada, a Soiuz MS-14 regresou a Terra o 6 de setembro co robot FEDOR e varios experimentos incluídos, aterrando a 148 km ao sueste da cidade de Dzhezkazgan (Casaquistán).[2][3][4][5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 N2YO (2021). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ MS-14" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2024. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (28 de outubro de 2022). "Soyuz MS-14" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2024. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Note verbale dated 19 September 2019 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (19-10255 (E)). 15 de outubro de 2019: 2. Consultado o 4 de febreiro de 2024. [Ligazón morta]
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz-MS 01 - 20 (11F732A48)" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2024. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Anatoly Zak (28 de xaneiro de 2024). "Soyuz MS-14 completes pilotless ISS mission" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar