Oleg Skripochka
Oleg Ivanovich Skripochka, nado en Stavropol o 24 de decembro de 1969, é un cosmonauta ruso que formou parte das misións Soiuz TMA-01M, Soiuz TMA-20M e Soiuz MS-15 e foi membro das expedicións 25, 26, 47, 48, 61 e 62 á Estación Espacial Internacional.[1][2]
Oleg Skripochka | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 24 de decembro de 1969 |
Lugar | Nevinnomyssk |
Actividade | |
Misións | Soiuz TMA-01M, Expedição 25, Expedição 26, Expedição 47, Expedição 48, Soiuz TMA-20M, Soiuz MS-15, Expedição 61 e Expedição 62 |
Tempo no espazo | 331,52 días |
Premios | Héroe da Federación Rusa, Piloto-Cosmonauta da Federación Rusa e Order "For Merit to the Fatherland" IV class |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria editar
Skripochka graduouse en física e matemáticas en 1987 no instituto númreo 28 de Zaporozhie, entrando logo na Universidade Técnica Estatal Bauman e graduándose en 1993 en enxeñaría mecánica. Foi seleccionado como cosmonauta en agosto de 1997 por RSC Energia, adestrando entre decembro de 1997 e novembro de 1999. Partipou nas misións Soiuz TMA-01M, Soiuz TMA-20M e Soiuz MS-15, sendo membro das expedicións 25, 26, 47, 48, 61 e 62 Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 331,52 días no espazo.[1][2]
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 Mark Wade (2021). "Skripochka, Oleg Ivanovich" (en inglés). Consultado o 2 de maio de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 ESA (ed.). "Oleg Skripochka" (en inglés). Consultado o 2 de maio de 2021.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Oleg Skripochka |