Soiuz 7K-T

nave espacial tripulada do programa soviético Souiz

Soiuz 7K-T foi un modelo de nave Soiuz deseñado para misións na órbita terrestre. Estivo en servizo entre 1972 e 1981.[1][2][3]

Soiuz 7K-T
Descrición
Función: Misións na órbita terrestre.
Tripulación: Dous cosmonautas.[1][2][3]
Dimensións
Altura:: 7,48 m
Diámetro:
Lanzamento Carga útil: -
Retorno de Carga útil: -
Masa no lanzamento: 6800 kg[3]
Volume Presurizado: 11 m3[3]
Enerxía Eléctrica
Fonte: Baterías[3]
Tamaño:
Enerxía Xerada: 0,84 kW[3]
Motores a bordo
Motor principal:
Propulsores:
Rendemento
Resistencia:
Apoapse:
Periapse :
Inclinación:
Lanzamento
Sitio de Lanzamento: Cosmódromo de Baikonur
Rampla:
Foguete Acelerador: Soiuz 11A511

Características editar

Despois da traxedia da misión Soiuz 11, na que os seus tres ocupantes morreron durante a reentrada atmosférica debido á descompresión na cápsula tripulada, o deseño da cápsula 7KT-OK foi revisado, dando como resultado a Soiuz 7K-T, máis segura pero con capacidade para só dous cosmonautas debido á nova norma de ter que usar traxe de presión durante a reentrada. Entre os cambios introducidos, nas primeiras unidades das 7K-T elimináronse os paneis solares, funcionando só con baterías para evitar posibles problemas no seu despregamento como os ocorridos coa Soiuz 1. O modelo foi substituído pola Soiuz T en 1981.[1][2][3]

Variantes editar

Soiuz 7K-T/A9 editar

A variante 7K-T/A9 era unha 7K-T modificada para voos ás estacións militares Almaz. Entre as diferenzas coas 7K-T básicas incluíase equipamento para operar remotamente as estacións Almaz e un sistema de paracaídas revisado.[4][2]

Soiuz 7K-T/AF editar

A Soiuz 7K-T/AF foi unha Soiuz 7K-T cun telescopio ultravioleta a bordo, denominado Orion 2, operado polos cosmonautas. Foi a única nave do seu tipo en voar.[5]

Voos editar

Número[1][2][3] Data[1][2][3] Centro de lanzamento[1][2][3] Misión[1][2][3] Resultado[1][2][3] Notas[1][2][3]
1 26 de xuño de 1972 Cosmódromo de Baikonur Kosmos 496 (proba non tripulada) Éxito Primeiro voo dunha nave Soiuz 7K-T.
2 15 de xuño de 1973 Cosmódromo de Baikonur Kosmos 573 (proba non tripulada) Éxito
3 27 de setembro de 1973 Cosmódromo de Baikonur Soiuz 12 Éxito
4 30 de novembro de 1973 Cosmódromo de Baikonur Kosmos 613 (proba non tripulada) Éxito
5 27 de maio de 1974 Cosmódromo de Baikonur Kosmos 656 (proba non tripulada) Éxito
6 3 de xullo de 1974 Cosmódromo de Baikonur Soiuz 14 Éxito Variante 7K-T/A9
7 26 de agosto de 1974 Cosmódromo de Baikonur Soiuz 15 Éxito Variante 7K-T/A9
8 10 de xaneiro de 1975 Cosmódromo de Baikonur Soiuz 17 Éxito
9 5 de abril de 1975 Cosmódromo de Baikonur Soiuz 18-1 Fallo Fallo do foguete portador. A cápsula foi exectada e os cosmonautas sobreviviron.
10 24 de maio de 1975 Cosmódromo de Baikonur Soiuz 18 Éxito
11 17 de novembro de 1975 Cosmódromo de Baikonur Soiuz 20 Éxito Variante 7K-T/A9
12 6 de xullo de 1976 Cosmódromo de Baikonur Soiuz 21 Éxito
13 14 de outubro de 1976 Cosmódromo de Baikonur Soiuz 23 Éxito Variante 7K-T/A9
14 7 de febreiro de 1977 Cosmódromo de Baikonur Soiuz 24 Éxito Variante 7K-T/A9
15 9 de outubro de 1977 Cosmódromo de Baikonur Soiuz 25 Éxito
16 10 de decembro de 1977 Cosmódromo de Baikonur Soiuz 26 Éxito
17 10 de xaneiro de 1978 Cosmódromo de Baikonur Soiuz 27 Éxito
18 2 de marzo de 1978 Cosmódromo de Baikonur Soiuz 28 Éxito
19 15 de xuño de 1978 Cosmódromo de Baikonur Soiuz 29 Éxito
20 27 de xuño de 1978 Cosmódromo de Baikonur Soiuz 30 Éxito Variante 7K-T/A9
21 26 de agosto de 1978 Cosmódromo de Baikonur Soiuz 31 Éxito
22 25 de febreiro de 1979 Cosmódromo de Baikonur Soiuz 32 Éxito
23 10 de abril de 1979 Cosmódromo de Baikonur Soiuz 33 Éxito
24 6 de xuño de 1979 Cosmódromo de Baikonur Soiuz 34 Éxito
25 9 de abril de 1980 Cosmódromo de Baikonur Soiuz 35 Éxito
26 26 de maio de 1980 Cosmódromo de Baikonur Soiuz 36 Éxito
27 23 de xullo de 1980 Cosmódromo de Baikonur Soiuz 37 Éxito
28 18 de setembro de 1980 Cosmódromo de Baikonur Soiuz 38 Éxito
29 22 de marzo de 1981 Cosmódromo de Baikonur Soiuz 39 Éxito
30 14 de maio de 1981 Cosmódromo de Baikonur Soiuz 40 Éxito Último voo dunha Soiuz 7K-T.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 12, 17, 18, 21, 25 - 29, 31 - 40 (7K-T, 11F615A8)" (en inglés). Consultado o 21 de setembro de 2017. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 14, 15, 20, 23, 24, 30 (7K-T, 11F615A9)" (en inglés). Consultado o 21 de setembro de 2017. 
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 3,12 Mark Wade (2017). "Soyuz 7K-T" (en inglés). Consultado o 21 de setembro de 2017. 
  4. Mark Wade (2021). "Soyuz 7K-T/A9" (en inglés). Consultado o 13 de xuño de 2021. 
  5. Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 13 (7K-T-AF, 11F615A8)" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2024. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar