Soiuz 7KT-OK

nave espacial tripulada do programa soviético Souiz

Soiuz 7KT-OK foi un modelo de nave Soiuz deseñado para misións na órbita terrestre. Estivo en servizo durante 1971.[1][2]

Soiuz 7KT-OK
Descrición
Función: Misións na órbita terrestre.
Tripulación: Tres cosmonautas.[1][2]
Dimensións
Altura:: 7,94 m
Diámetro:
Lanzamento Carga útil: -
Retorno de Carga útil: -
Masa no lanzamento: 6790 kg[2]
Volume Presurizado: 9 m3[2]
Enerxía Eléctrica
Fonte: Paneis solares[2]
Tamaño:
Enerxía Xerada: 0,50 kW[2]
Motores a bordo
Motor principal: KTDU 35[2]
Propulsores:
Rendemento
Resistencia: 35 días[2]
Apoapse:
Periapse :
Inclinación:
Lanzamento
Sitio de Lanzamento: Cosmódromo de Baikonur[2]
Rampla:
Foguete Acelerador: Soiuz 11A511[2]

Características editar

A Soiuz 7KT-OK foi unha modificación da Soiuz 7K-OK cun sistema de acoplamento lixeiro e un túnel para o paso da tripulación cara outra nave ou estación espacial. Voaron dúas unidades, unha na misión Soiuz 10, que non conseguiu acoplarse coa estación Saliut 1, e a Soiuz 11, que cumpriu o obxectivo de acoplarse coa estación e permanecer varias semanas unida a ela, falecendo a tripulación ao volver a terra debido á despresurización da cápsula durante a reentrada atmosférica.[1][2]

Voos editar

Número[1][2] Data[1][2] Centro de lanzamento[1][2] Misión[1][2] Resultado[1][2] Notas[1][2]
1 22 de abril de 1971 Cosmódromo de Baikonur Soiuz 10 Éxito parcial Primeiro voo dunha nave Soiuz 7KT-OK. Fallo ao acoplarse coa estación Saliut 1.
2 6 de xuño de 1971 Cosmódromo de Baikonur Soiuz 11 Éxito parcial A nave acoplouse coa estación Saliut 1, pero a tripulación faleceu durante a reentrada atmosférica.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 10, 11 (7KT-OK)" (en inglés). Consultado o 22 de setembro de 2017. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 2,14 2,15 2,16 Mark Wade (2017). "Soyuz 7KT-OK" (en inglés). Consultado o 22 de setembro de 2017. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar