Soiuz T

vehículo do programa espacial Soiuz

Soiuz T foi un modelo de nave Soiuz deseñado para misións na órbita terrestre. Estivo en servizo entre 1978 e 1986.[1][2]

Soiuz T
Descrición
Función: Misións na órbita terrestre.
Tripulación: Tres cosmonautas.[1][2]
Dimensións
Altura:: 7,48 m
Diámetro:
Lanzamento Carga útil: -
Retorno de Carga útil: -
Masa no lanzamento: 6850 kg[2]
Volume Presurizado: 9 m3[2]
Enerxía Eléctrica
Fonte: Paneis solares[2]
Tamaño:
Enerxía Xerada: 0,60 kW[2]
Motores a bordo
Motor principal:
Propulsores:
Rendemento
Resistencia: 180 días[2]
Apoapse:
Periapse :
Inclinación:
Lanzamento
Sitio de Lanzamento: Cosmódromo de Baikonur[2]
Rampla:
Foguete Acelerador: Soiuz U[2]

Características editar

A Soiuz T resultou dun profundo redeseño a finais da década de 1970. Usou un sistema de acoplamento Igla mellorado e un novo módulo de servizo co sistema de propulsión de control de actitude e traslación integrado. Neste modelo reintroducíronse os paneis solares como forma de xerar enerxía e aumentouse a cantidade de propelente. Tamén se usou unha aviónica dixital mellorada e a seguridade da tripulación aumentouse cunha nova torre de escape, que salvaría a vida dos tres cosmonautas da misión Soiuz T-10-1 ao estoupar o foguete lanzado ra rampla de lanzamento. Foi a primeira Soiuz con capacidade para tres tripulantes usando traxes de presión ao mesmo tempo.[1][2]

Voos editar

Número[1][2] Data[1][2] Centro de lanzamento[1][2] Misión[1][2] Resultado[1][2] Notas[1][2]
1 4 de abril de 1978 Cosmódromo de Baikonur Kosmos 1001 (proba non tripulada) Éxito Primeiro voo dunha nave Soiuz T.
2 31 de xaneiro de 1979 Cosmódromo de Baikonur Kosmos 1074 (proba non tripulada) Éxito
3 16 de decembro de 1979 Cosmódromo de Baikonur Soiuz T-1 Éxito
4 5 de xuño de 1980 Cosmódromo de Baikonur Soiuz T-2 Éxito
5 27 de novembro de 1980 Cosmódromo de Baikonur Soiuz T-3 Éxito
6 12 de marzo de 1981 Cosmódromo de Baikonur Soiuz T-4 Éxito
7 13 de maio de 1982 Cosmódromo de Baikonur Soiuz T-5 Éxito
8 24 de xuño de 1982 Cosmódromo de Baikonur Soiuz T-6 Éxito
9 19 de agosto de 1982 Cosmódromo de Baikonur Soiuz T-7 Éxito
10 20 de abril de 1983 Cosmódromo de Baikonur Soiuz T-8 Éxito
11 27 de xuño de 1983 Cosmódromo de Baikonur Soiuz T-9 Éxito
12 26 de setembro de 1983 Cosmódromo de Baikonur Soiuz T-10-1 Fallo O foguete Soiuz U explotou na rampla de lanzamento. Os cosmonautas salvaron a vida ao ser exectados coa súa cápsula pola torre de escape.
13 8 de febreiro de 1984 Cosmódromo de Baikonur Soiuz T-10 Éxito
14 3 de abril de 1984 Cosmódromo de Baikonur Soiuz T-11 Éxito
15 17 de xullo de 1984 Cosmódromo de Baikonur Soiuz T-12 Éxito
16 6 de xuño de 1985 Cosmódromo de Baikonur Soiuz T-13 Éxito
17 17 de setembro de 1985 Cosmódromo de Baikonur Soiuz T-14 Éxito
18 13 de marzo de 1986 Cosmódromo de Baikonur Soiuz T-15 Éxito Último voo dunha Soiuz T.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz -T 1 - 15 (7K-ST, 11F732)" (en inglés). Consultado o 25 de setembro de 2017. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 2,14 2,15 Mark Wade (2017). "Soyuz T" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2017. Consultado o 25 de setembro de 2017. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar