Soiuz T-10

misión do programa espacial Soiuz

Soiuz T-10 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 8 de febreiro de 1984 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]

Soiuz T-10
Selo postal conmemorativo da misión Soiuz T-10
TipoTripulada
Data de lanzamento8 de febreiro de 1984, 12:07 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorSoiuz U[2][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][6]
Duración da misión236,95 días[6]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa estación espacial Saliut 7.[2][6]
Regreso2 de outubro de 1984, 10:57 GMT[1][6]
NSSDC ID1984-014A
Masa6850,0 kg[2][5][6]

Características

editar

Soiuz T-10, unha Soiuz modelo T cos cosmonautas Leonid Kizim, Oleg Atkov e Vladimir Soloviov a bordo, foi unha nave lanzada para acoplarse coa estación espacial Saliut 7.[2][3][4][5]

Á chegada a estación estaba escuras e a tripulación adicouse a reactivala. o 22 de febreiro chegou a Progress 19 con subministracións e o 4 de abril chegou a Soiuz T-11 con outros tres cosmonautas, entre elos Rakesh Sharma, o primeiro cosmonauta indio, que marcharon na nave Soiuz T-10 o 11 de abril, deixándolles a súa á tripulación permanente.[2][3][4][5]

Nos meses seguintes a estación foi recibindo novas naves Progress mentres a tripulación facía experimentos e reparacións ata a chegada da Soiuz T-12 o 18 de xullo. Os cosmonautas da misión Soiuz T-10 regresaron a terra o 2 de outubro de 1984 ás 10:57 GMT na Soiuz T-11.[2][3][4][5]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ-T 10" (en inglés). Consultado o 29 de setembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz-T 10" (en inglés). Consultado o 29 de setembro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Note verbale dated 24 April 1984 from the Permanent Mission of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (84-11403). 4 de maio de 1984: 3. Consultado o 29 de setembro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Claude Lafleur (2017). "Soyuz T-10" (en inglés). Consultado o 29 de setembro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz -T 1 - 15 (7K-ST, 11F732)" (en inglés). Consultado o 29 de setembro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2017). "Soyuz T-10" (en inglés). Consultado o 29 de setembro de 2017. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar