Soiuz 23
Soiuz 23 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 14 de outubro de 1976 mediante un foguete Soiuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]
Soiuz 23 | |
---|---|
Selo postal adicado á Soiuz 23 | |
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 14 de outubro de 1976, 17:39 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Soiuz 11A511[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][6] |
Duración da misión | 2 días[6] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coa estación espacial Saliut 5.[2][6] |
Regreso | 16 de outubro de 1976[1][6] |
NSSDC ID | 1976-100A |
Masa | 6570,0 kg[2][5][6] |
CaracterísticasEditar
Soiuz 23, unha Soiuz modelo 7K-T cos cosmonautas Valeri Rozhdestvenski e Viacheslav Zudov a bordo, foi lanzada para acoplarse coa estación espacial militar Saliut 5. Despois de entrar en órbita e achegarse á estación a nave foi incapaz de acoplarse debido a uns sensores defectuosos que indicaban unha velocidade lateral irreal, co que os propulsores intentaban corrixir constantemente un desvío inexistente. Tras varios intentos a tripulación apagou o sistema automático, pero xa non quedaba propelente para intentar un acoplamento manual, co que a nave tivo que volver a terra. A reentrada atmosférica foi normal pero a Soiuz descendeu sobre o lago Tengiz no medio dunha tormenta de neve, con temperaturas de ata -20 °C. O paracaídas, mollado, arrastrou a cápsula tripulada baixo a superficie xeada, enfriándoa. Os equipos de rescate intentaron chegar ata a cápsula mediante vehículos anfibios, sen logralo. A solución para sacala foi atala mediante un cable, levado baixo a superficie por medio de mergulladores, a un helicóptero que a arrastrou durante quilómetros a través da auga xeada ata terra. Os dous cosmonautas conseguiron saír pola mañá, para sorpresa dos rescatadores, que os daban por mortos.[2][3][4][5]
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ 23" (en inglés). Consultado o 6 de setembro de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz 23" (en inglés). Consultado o 6 de setembro de 2017.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 30 November 1976 from the Permanent Mission of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (76-26032). 6 de decembro de 1976: 2. Consultado o 6 de setembro de 2017.
- ↑ 4,0 4,1 Claude Lafleur (2017). "Soyuz 23" (en inglés). Consultado o 6 de setembro de 2017.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 14, 15, 20, 23, 24, 30 (7K-T, 11F615A9)" (en inglés). Consultado o 6 de setembro de 2017.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2017). "Soyuz 23" (en inglés). Consultado o 6 de setembro de 2017.